31 oct. 2011

samil entre nubes



 
a praia, entre o paseo e as illas

30 oct. 2011

nebulosa Mar








Ralentizando o ritmo, a forza da gravidade fica en suspenso, cada partícula decide tranquilamente a onde quere dirixirse a fin de compoñer unha nova textura; o corpo ingrávido voa, traspasa o túnel de auga e volta á precaria vertical. Din que o tempo é elástico, que é circular, que non é o que sempre pensamos.
No que tarda a Terra en rodear o Sol o tempo parouse para Mar e os átomos dela levitan no Ar á espera de recuperar elegantemente a postura para seguir  surfando nas ondas do Tempo.

28 oct. 2011

26 oct. 2011

mammatus

 
Ameazadoras nubes tipo "mammatus" sobre o tellado.
O peso das pingas de auga fai que as nubes pendan como ubres que en vez de leite van descargar un bo cairo.


e como vén o Samaín asoman as caveiras...

17 oct. 2011

volta a néboa

O verán  continúa por aquí  a pesar destas néboas e vaise despedindo cunha ducia de incendios a máis de mediados de octubro.

10 oct. 2011

dracónidas

Ninguén pensaba en buscar estrelas fugaces nun ceo tan luminicamente contaminado e, para máis, coa lúa ben crecida... cando vimos descer demoradamente do ceo unha bola azul cal adorno navideño que se desprende da árbore e se disolve antes de alcanzar o chan.
Foi o pasado sábado, 8 de octubro sobre as once da noite, un bo momento para observar as dracónidas, unha chuvia de estrelas con radiante na constelación do Dragón.
E si, a cabeza do Dragón estaba detrás do brillante meteoro azul, como un telón de fondo visible só con axuda dos prismáticos.
Esta imaxe de internet ilustra o efecto dun bólido.


Para non perderse unha como esta noutra ocasión aquí vai o Calendario de chuvias de estrelas 2011.