29 ene 2012

camiño da eclíptica


Seguindo o camiño das constelacións zodiacais, a eclíptica, van en fileira Venus, a lúa e Xúpiter cara ao horizonte suroeste. Máis tarde veremos a Marte seguida de Saturno que cara as tres da mañá formarán un triángulo coa estrela Arturo

20 ene 2012

constelacións no inverno

Di o refrán da lúa de xaneiro, que non hai lúa tan clara o ano enteiro. E seguramente non hai noites tan nítidas -e frías por estas latitudes- como as deste mes, así que, logo de abrigarse convenientemente, non hai máis que saír a un sitio a ser posible con pouca iluminación e erguer a vista para encontrarse sen máis coa magnífica constelación de Orión, o cúmulo das Pléiades  e estrelas brillantes como Aldebarán, Castor e Polux ou a preciosa e azul Sirio. Ademais nestes días podemos ver varios planetas ao longo da noite: Venus ao solpor, Xúpiter nas primeiras horas da noite, Saturno nas seguintes, Mercurio antes do mencer e Marte practicamente a noite toda. Abaixo pódese ver a aliñación que forman "as tres marías" con Aldebarán e o cúmulo das Pléiades:


Na constelación do Can Maior e ao sureste da estrela Sirio encóntrase o cúmulo aberto M41 ao que chaman tamén "pequena Colmea" e que se pode ver cos prismáticos:


Aínda que con prismáticos non se ve máis que un borrón rosado a Gran Nebulosa de Orión, na "espada",  debaixo do cinturón ten este aspecto:



C De Inverno
Presentación feita pola ANPA do IES Blanco Amor

12 ene 2012

rené descartes e a súa visión do mundo

A faceta máis coñecida de Descartes é a súa filosofía fundamentada na dúbida, o seu "Discurso do método" e a famosa frase "cogito, ergo sum" ou "penso, daquela existo".
Pero, como vivíu este personaxe que deixou a súa pegada no pensamento humano?

Nestes documentais podemos facernos unha idea do seu xeito de concebir a mente e a natureza do universo,  ademais de curiosear sobre a súa vida.