23 ago. 2010

oracións budistas entre nubes nos Pirineos

 
 
 
 
 
 
 

18 ago. 2010

nubes de paso


 

 
 
 
Indo de viaxe, ademais da rápida sucesión das paisaxes terrestres é posible encontrarse en poucos minutos con distintas clases de nubes, como a tremida, a indecisa que non sabe cara onde tirar, a irisada etérea e a presumida que se espella toda no capó do coche.

13 ago. 2010

perseidas e lúa de ramadán

Nos tempos en que toda percepción dependía do ollo humano, competíase por ser a primeira persoa en enxergar a delgada lúa crecente coa que empeza o Ramadán. Conta unha historia que houbo un home que confundíu a súa propia pestana co fío da lúa...

Actualmente deberían ser os telescopios os encargados de detectar o primeiro crecente, sen embargo continúa habendo discusións no mundo islámico como as dos beduínos de Arabia Saudí que afirman que a súa vista é superior en precisión á dos telescopios dos astrónomos ("I just spoke to members of Tabuk and Riyadh Hilal Committees in Saudi Arabia. They all confirmed that none of the 10 official committee members were able to sight the Hilal on Tuesday 10 August 2010, but some bedouins from Shagrah (near Riyadh) claimed sighing and reported to the Court.
When asked how come the astronomers could not see the Hilal with their own eyes or telescopes, the bedouins replied that the astronomers' telescopes are not as powerful as the their eye sights!"
). Todo iso non impede que haxa moreas de sitios na rede adicados á observación da lúa para establecer o calendario lunar islámico, tal coma hilalsighting.org/ entre outras.

Mais nós a quen non preocupa o comezo do Ramadán, procuramos outros obxectos no ceo, tal como os meteoros ou estrelas fugaces, les étoiles filantes... Estas estrelas, que non son tal e que percorren o ceo velozmente deixando ás veces unha estela.

Dependendo da zona do ceo na que son máis abundantes reciben o nome da constelación que hai detrás; Oriónidas, Leónidas,... e entre as máis populares de todas, destacan as Perseidas, visibles este mes, particularmente a noite de San Lourenzo, 11de agosto que este ano coincide aproximadamente co comezo do Ramadán, o que indica que a lúa non vai estorbar a visibilidade dos meteoros. O seu radiante en Perseo indica que é por esa constelación -na veciñanza de Casiopea- por onde se verán en maior cantidade.

1 ago. 2010