8 nov. 2014

Historia dun home sabio, científico e soñador


Nikola Tesla foi un descubridor, un xenio iluminado polos lóstregos que tanto lle fascinaban. Naceu nunha aldea de Croacia, o 10 de xullo de 1856. En 1884 viaxou a Nova Iorque para traballar con Thomas Alva Edison, pero esa relación laboral non durou debido ás diferenzas de criterio entre ambos os dous.

O seu soño era proporcionar a todo o mundo o acceso libre á enerxía presente en todas partes do planeta, de xeito harmónico, mais deu coa resistencia do implacable mundo dos homes de negocios.

A pesar das trabas con que tropezou, deixou importantes aportacións a legados universais como o motor de indución, o control remoto, a resonancia magnética e moitos outros descubrimentos relacionados coa electricidade e o magnetismo que eran para el dons da Terra á que a Humanidade tiña dereito. Preconizaba o uso da corrente alterna en substitución da corrente directa (defendida a cal e canto por Edison) e o tempo deulle a razón pois é a alterna a que aínda hoxe se utiliza. Lidaba moito coa comunicación inhalámbrica que demostrou en 1891 e a transmisión das ondas de radio por ese medio, demostrada por el en 1894, sen embargo a pesar de que o Tribunal Supremo dos EEUU concedeulle a patente relativa á radio recoñecéndoo como inventor legal desta, isto non trascendeu á opinión pública, que continúa considerando a Marconi como seu inventor. 

Tesla quería atrapar a enerxía electromagnética e enviala á ionosfera para desde alí emitila a calquera punto do planeta. Pero como argumenta George Westhinghouse no filme, ao negarse a apoiar o seu proxecto: o único negocio consistiría en vender antenas.

Inxusta e incomprensiblemente, personaxes como Edison ou Marconi figuran aínda nos libros de texto como detentores exclusivos dalgunhas das aportacións máis salientables de Tesla.