15 jun. 2011

eclipse total

Hoxe hai eclipse de lúa. A sombra da Terra irá tapando e destapando progresivamente a lúa durante un par de horas, tinxíndoa de vermello, e o serán voltarase máis escuro e máxico.

Mágoa que por aquí está cuberto de nubes.
Poderemos velo por internet.
A lúa máis vermella pola cinza volcánica.

A partir das 21h, desde o Teide.
Eclipse en directo.
Fecyt.

9 jun. 2011

kepler e a harmonía das estrelas

Para Kepler a natureza é música, os astros forman parte da natureza e a harmonía é a lei que rixe a natureza. Quizais el escoitou a canción cantada polos planetas.

Probou a explicar o funcionamento dos astros con modelos xeométricos mais os sólidos platónicos non conseguían encaixar. Marte levaba un ritmo extravagante...

Coa axuda das precisas medicións de Tycho Brahe, Kepler realizou un descubrimento de transcendental importancia: que as órbitas dos planetas arredor do sol non eran circulares senón elípticas.
Enunciou as súas famosas tres leis e unha semana despois de enunciar a terceira lei houbo un acontecemento en Praga, a cidade onde vivía, que desencadeou a guerra dos trinta anos o que aínda complicou máis a súa vida.

Unindo as observacións de outros e a súa rica imaxinación foi o primeiro en descubrir como se moven os planetas, e tal vez dos primeiros en "viaxar á lúa"! No seu libro “Somnium” (Soño) fala de dous tipos de habitantes, os subvolves que vivían na cara que dá á Terra e os privolves, que habitaban o lado oculto, e facían viaxes á outra cara para contemplar o noso precioso planeta.

Pitágoras mostrou a relación entre a matemática e a música experimentando con cordas que vibraban e dividíndoas en diferentes partes ou intervalos: unha corda dividida pola metade dá lugar á mesma nota unha octava máis alta porque ten o dobre da frecuencia; na escala de do, 2/3 da corda é un sol ou intervalo de quinta e os 3/4 é unha cuarta ou distancia de do a fa.

O son é unha onda cunha determinada lonxitude de onda ou frecuencia. A sucesión de determinadas frecuencias forman unha escala, que pode ser maior ou menor dependendo da posición dos intervalos e cando as frecuencias combinan dan lugar á harmonía.

Unha curiosidade:
Se queres afinarte e non tes diapasón, descolga o teléfono (fixo) e obterás a nota de referencia para que poidas cantar toda a escala.
A frecuencia do tono ao descolgar o teléfono é de 440 hz, é decir un LA, que é a frecuencia do diapasón.
A partir de agora non hai escusa para desafinar.

de novo galileo






Tycho e Kepler







2 jun. 2011

supernova fotografada no observatorio de Forcarei

" O Observatorio Astronómico de Forcarei (Pontevedra) fotografou unha supernova situada a 42 millóns de anos luz desde que se fixo visible.

Así, segundo explicou o observatorio, recolleu imaxes nas que se pode apreciar a galaxia da que procede, chamada polos astrónomos NGC3972, e a posición da brillante estrela que co paso dos días irá perdendo o seu brillo até desaparecer.

Segundo destaca, "é unha explosión estelar de tal magnitude que é capaz de facer que a estrela brille moito máis que toda a galaxia que a contén". Desde hai días, o Observatorio Astronómico de Forcarei está a seguir a traxectoria desta supernova situada a 42 millóns de anos luz de distancia, é dicir, "a morte dunha estrela que partiu fai 42 millóns de anos", explica.

Esta nova supernova foi descuberta o pasado 26 de abril por Z. Jin e X. Gao nunha débil galaxia da Osa Maior. No momento do seu descubrimento brillaba cunha magnitude 12, un brillo relativo que a facía visible a telescopios con certa potencia dos afeccionados á astronomía.

En función dos obxectos implicados na explosión, existen varios tipos de supernova. A fotografada polo Observatorio Astronómico de Forcarei trátase dunha supernova Ia, que inclúe o crecemento por adición de abundante materia por parte dunha estrela moi compacta da dunha estrela xigante vermella que lle leva a unha violenta explosión."

PONTEVEDRA, 31 Maio. (EUROPA PRESS) –

noticia do Faro

Giordano Bruno

"Extendo as alas confiadas ao espazo,
non temo ningunha barreira de cristal nin de vidro,
mergullo nos ceos e sulco o infinito;
e mentras me elevo dende min propio
elevo a outros e penetro a través do campo eterno
que outros viron dende lonxe;
eu déixoos detrás de min".




Breve biografía (en italiano)
Mundos infinitos (en galego-portugués do brasil) (3:31 min)

Unha peli:
Giordano Bruno | Giuliano Montaldo 1973 (15 min)


A Historia de Giordano Bruno e a Inquisicao
Un Blasfemo
con letra

bibliografía sobre giordano bruno & la imaginación creadora


“Forse con più timore pronunciate la sentenza contro di me di quanto ne provi io nell’accoglierla