21 dic. 2013

14 dic. 2013

11 sept. 2013

Saturno e Venus na constelación de Virgo


 

Os planetas, sobre a eclíptica diríxense ao ocaso, cara a illa de San Martiño- Debaixo da lúa, invisible a esta hora, a constelación de Escorpio.

9 sept. 2013

serán de setembro


 
Espreitando o rastro do sol, entre Monteagudo e Cabo Home. 
 

8 sept. 2013

Venus e a lúa


Venus a 1.15°N da lúa

26 ago. 2013

nube de fume

 
Tristemente o verán non podía acabar sen incendios. Este é o rastro que deixou sobre o océano o lume que queimou  os montes de Oia e Rosal. O sol arde tamén, entre o fume e o mar.
 
 
 
 
 
 

 

20 ago. 2013

lúa azul: a terceira lúa chea do verán

 
Non todos os meses teñen dúas lúas cheas, nin todas as estacións teñen catro.
A primeira lúa chea deste verán coincidíu coa noite de san Xoán, un par de días despois do solsticio de xuño e a cuarta será un par de días antes do equinoccio de setembro.
Pois ben, a chamada lúa azul  ou blue moon (tal vez lúa triste?) pode ser a segunda lúa chea nun mes ou pode ser a terceira de catro lúas cheas nunha estación.

Este verán temos lúa azul na noite do 20 a 21 de agosto. A última lúa azul estacional víuse o 21 de novembro de 2010.
 

19 ago. 2013

entre lusco e fusco

Entre a lúa que sae
e o sol que se pon 
un camino de auga salgada e doce.
 

14 ago. 2013

proceso de extinción



 

a cor do mar

Visto de lonxe, dá cor ao planeta.  De perto é con frecuencia metálico. Brillante azo, pesado chumbo, dondo e mesto mercurio, prata lisa. Só na hora da alquimia, cando se une co sol e se dan as condicións precisas transmuta a puro ouro. É ouro líquido.

 

 
 
 
A que esperan as areanas para mergullar nel e recoller nas peneiras tan efémera riqueza?
 
 

10 ago. 2013

8 ago. 2013

Venus e a lúa despois do Ramadán


O noveno mes lunar é tempo de Ramadán. Esta lúa afiada marca o fin do xexún e o comezo da festa Aid-al-Fitr.

16 jul. 2013

noite no val da morte

Parece ser que non se pode camiñar polo fondo das dunas, debido ao dióxido de carbono que emana a area. Hai que ir polo borde, polo alto da duna. Entón chega a noite e chégase aínda máis alto, a tocar as estrelas.


29 jun. 2013

botar a andar

 
Disque todos os camiños levan a Roma. Ou a Compostela, que foi onde chegou Samantha desde Bilbao, andando. Tras o merecido descanso e logo de repoñer proteínas no Ancoradouro, bótase a andar de novo praia adiante, sen se decatar de que é aí -onde se pon o sol tras o mar aberto- a onde quería chegar, o lugar onde acaba realmente a súa pereginaxe. Tanto ten a ruta do norte e o camiño primitivo, o camiño francés, o portugués ou a via da prata. Tanto ten desviarse a un mosteiro, a unha capela ou á mesmísima catedral de Santiago. Todo camiño que se precie persegue o horizonte do sol, o fin da tarde e da terra coñecida, unha liña inalcanzable que brilla na distancia, como un arco-da-vella que non pode atravesarse.
 
Detrás do horizonte, a casa de Sam, e un tanto máis perto á súa frente, Galiza, esa segunda casa que agora si, non queda máis que atravesar o Miño para alcanzala.

22 jun. 2013

sol-sticio

 
O sol non se move deste punto sobre o horizonte.
Dous ou tres días antes e despois do solsticio o sol está parado: avanzaba cara ao norte e xa non avanza máis. Despois do san Xoán volverá desandar cara o sur sobre os seus pasos e alcanzará de novo no solsticio de decembro o punto máis septentrional.
 

 
Xa que se trata dun día especial o sol hoxe disfrazouse de pagoda. Poderíamos construír un calendario de tipo stonehenge para incrustar o sol no medio e márcalo cunha pedra fita.
 
Stonehenge

chega o verán con algunhas nubes

 
 
Deste observatorio apréciase ben o repertorio de chapeus e outros abalorios de nube que enfeitan o Tegra.
 
 


 
No día do solsticio a praia prepárase para o verán e a chegada de bañistas.

1 jun. 2013

sol a camiño do noroeste

 
Entrando no mes do solsticio cada día o sol avanza un chisco máis a norte no seu orto e ocaso. Dende aquí semella un peregrino repetindo cada ano a ruta marítima cara a algún finisterrae que, ao serán, agotado do seu periplo, mergulla no leito mariño e dorme até de madrugada.
 


14 mar. 2013

a lúa e o cometa

Inusual espectáculo ao lusco-fusco nesta imaxe de Earth Sky.
 
PANSTARRS_luna_Milton_Otto_Austin_TX_3-12-2013
Milton Otto de Austin, Texas capturó esta imagen del cometa PANSTARRS
 cerca de la luna nueva el 12 de marzo de 2013.

11 mar. 2013

Pan-Starrs, cometa

 
Ademais do cometa ISON que será visible en novembro, este ano visítanos este outro chamado Pan-Starrs. O 5 de marzo foi cando pasou máis perto da Terra, a algo máis de 150 millóns de km, e o día 10 estivo case tan perto do sol como o planeta Mercurio co que se supón aí soltaría a súa melena de xeito que igual se deixa ver durante o resto do mes a simple vista. Apuntemos se non os nosos prismáticos ao horizonte oeste despois do solpor, cada día un tanto máis cara o norte en busca da brillante cola do cometa.

2 ene. 2013

pantasma de sol

 
Ao principio alá o estaba sobre o horizonte, un círculo ben definido que vai sumindo no mar; mais unha vez mergullado, o seu rastro -un enorme e brillante halo laranxa e vermello- persiste cal se fose o verdadeiro sol, pantasma leve e volátil como paxaro de fogo.