30 dic 2009

fabulosas razóns para ollar o ceo

Agora que remata o ano Internacional da Astronomía, é o momento de lembrar as múltiples razóns que temos para ollar o ceo, que non dependen de celebracións e si das maravillas que alí se atopan e da curiosidade que en nós despertan.

Carolyn Collins Petersen, escritora de numerosos artigos sobre ciencia e astronomía entre outras cousas, na colaboración que realizou para a web 365 days of astronomy propoñía dez razóns polas que ollar o ceo é interesante, está na onda, está a dar ou como queira que se traduza a palabra cool. Empezando pola última:
10. Ollar o ceo e totalmente gratis!
9. Podemos ver un longo camiño no espazo, de feito, até dous millóns e medio de anos luz!
8. Podes ver planetas alí fóra: Venus, Xúpiter, Saturno,...
7. A lúa é fascinante e nunca te vai decepcionar
6. Podes usar un telescopio para indagar nos lugares en que se forman as estrelas, como a nebulosa de Orión
5. Podes ver os restos de estrelas que xa morreron, como na nebulosa do caranguexo na constelación de Tauro
4. Observar o ceo proporciónanos unha extraordinaria visión da nosa propia galaxia
3. Podemos facer observacións en familia, e coas amizades
2. Ollar estrelas danos un sentido da escala cósmica
1. Cada vez que saes a ollar o ceo encontras unha cousa nova

Engadiría a esta relación o simple motivo de que o ceo pode ser unha infinita fonte de inspiración para poetas!

A ESTRELA DESCOÑECIDA

Eu vinte decote acobadada
naquela fenestra
-tan a trasmán!
que penduraches dunha constelación.
O horizonte arrincaba cada día
para ti
a folla de almanaque dunha vela.

Pero nunca se enmallou
na falsa rede dos mapas celestes
a túa loira virxinidade.
Cómplice a noite
engaiolaba o sestante dos mariños
inxenuas perversións catalogadas.
Viuva reiterada de tódolos vinte anos
que os mariñeiros repiten
cada volta que afogan.
Endexamais souberon os cadavres sen rumbo
que ti os amortallabas co teu ollar.

Emproáramos á meia noite.
A sotavento da nosa singladura
vai decote unha nube desarbolada.
Ca súa esponxa de sombra
borrou para sempre o teu mudo perfil.
A alba nova sorprendeume
cacheando entre os luceiros
unha despedida que se me perdeu.

Manuel Antonio


Estas imaxes do cosmos, xunto co poema de Manuel Antonio, sirvan aquí de homenaxe ao remate, con plenilunio extra, dun ano tan astronómico.

constelacións


estrelas


o principiño no asteroide B612

25 dic 2009

astronomía do nadal

Cando o sol se para, e debido a súa debilitación, semella morrer.
O sol está uns tres días parado -morto- e despois resucita, retomando o seu deambular a través do horizonte. O novo sol é unha criatura que hai algúns miles de anos -debido á precesión equinoccial- nacía no seo dunha das constelacións zodiacais: Virgo.

Deusa virxe DIAM de Luristán
dando a Luz entre animais,
século IV a.C.


As civilizacións antigas celebraban neste momento o nacemento do Sol representado en diversos deuses (Mitra, Horus, Dioniso,... todos eles nacidos dunha virxe) igual que hoxe celebra a tradición cristiá o nacemento de Xesús, nacido da virxe María. Todos eles mortos, enterrados e resucitados ao terceiro día o que tanto pode referirse ao tempo que tarda en saír o sol da súa "inmobilidade" como ao tempo que tarda unha semente (como a do liño) en agromar do seu particular enterramento.

Díxolle o millo á liñaza:
Ándate tí, espepitada, que ós tres días estás nada.
E a liñaza respondeulle: Seica coma tí, borrón,
que tardas sete semanas en salires do torrón.


A arqueoastrónoma Francisca Martin-Cano defende a hipótese de que 25 de decembro era o momento en que o sol nacía na constelación de Virgo, nun tempo arcaico, circunstancia que se modificou debido á precesión dos equinoccios. Ademais, a estrela principal de Virgo (virxe) é Spica (espiga) e o nome de Belén significa a "casa do pan".



"Os tres reis" é o nome que reciben nalgunhas tradicións as tres estrelas do cinturón de Orión, que ben -pode considerarse- anuncian a chegada de Sirio, estrela que entre os exipcios representaba á deusa Isis, esposa e irmán de Osiris e nai (virxe) de Horus.



Os ritos das relixións veñen de antigo. No Libro da Saída á Luz do Día, ou Libro Exipcio dos Mortos, na Entrada ao Santuario de Maat, pódese ler:

"Debes saber, pois!
O Pan da túa comunión,
O Viño da túa Comunión,
e todas as ofrendas que che son destinadas
Son emanacións do Ollo de Râ!"

Metáfora solar, agrícola ou astronómica, a celebración, común a tantas culturas a través do tempo, non deixa de ter o seu sentido humano e espiritual, á marxe de que hoxe prime por enriba de todo o espíritu consumista.

Para a civilización grega, a dos moitos mitos, o solsticio de inverno era a porta das divindades, como o de verán o era da humanidade. Quizais non é máis que un momento para lembrar o aspecto divino compartido por seres humanos, Natureza e o Universo de que formamos parte.

21 dic 2009

de novo solsticio

Entramos nun dos oito portais da roda solar celta, neste caso o solsticio de decembro. As datas dos solsticios teñen que ver coa distancia angular máxima que se produce entre o sol e o ecuador terrestre, o que no hemisferio norte significa, no inverno, o día de menos horas de sol.

Solsticio é o tempo en que o sol semella deterse no seu aparente avanzar cara o sur. Ese "deterse" do sol durante uns días non é máis que a volta que a terra dá ao chegar aos pontos da súa órbita máis afastados do sol antes de continuar de novo o seu incansable ciclo. Como se nunha montaña rusa chegamos ao final da curva e aguantamos a respiración e ao virar todo recomeza.

Perto do solsticio o sol ponse ao pé do mítico monte Tegra,
visto de Cerveira.

6 dic 2009

do Ceo e da Terra

"Se puideses desfacerte
do teu ego só por unha vez,
o segredo dos segredos
abriríase para ti.
O rostro do descoñecido,
oculto detrás do universo
aparecería no
espello da túa percepción".
Rumi



"Os Druidas miraban as pedras como se tivesen un espíritu, como se estivesen vivas. Tamén certas lagoas, pozas, etc, eran sagradas, especie de entradas ao interior da Terra e ao mesmo Ceo. Así que as oracións non se dirixían “arriba” senón “abaixo”. Era unha visión da vida que ollaba todo como vivo, incluída a propia Terra. Os bosques estaban inzados de fadas e devas. As propias árbores eran espíritus de gran poder.
Mais o Papa veu e voltou ilegais todas estas ideas. Era ilegal adorar as pedras, as pozas, as árbores, as devas, o sol, a lúa, ilegal consideralas vivas.
A prohibición cristiá deu como consecuencia a moderna conciencia que considera a Terra como unha rocha sen vida e nada máis.
Ademais o Papa mudou a visión pagá do Ceo arredor, así que ese ceo pasou a ser localizado nas estrelas!
Polo tanto, agora, hoxe, oramos a Deus e ollamos as estrelas. Pensamos no Ceo como algo que está nas estrelas. Non nos pasa pola cabeza que ese Ceo podería ser dentro da Terra. Ese parecer é moi antigo, case desapareceu por completo."

The Druids saw the stones as having a spirit, being alive. They also saw certain pools of water, wells, etc., as sacred, and as openings into the inner Earth and to Heaven itself. So prayers were not "up," but were "down." It was a view of life that saw everything as alive, including the Earth herself. The forests were filled with faeries and devas. The trees themselves were spirits of great power.
But the Pope came along and made all these ideas illegal. It was illegal to worship the stones, the wells, the trees, the devas, the sun, the moon, illegal to see them as alive.
This Christian prohibition has resulted in a modern consciousness that views the Earth as a lifeless rock and nothing more.
Further, the Pope turned the Pagan view of Heaven around so that Heaven became located in the stars!
So now, today, we pray to God and look up to the stars. We think of Heaven as being somehow in the stars. It never occurs to us that Heaven could be inside the Earth. That view is so old, it is almost dead.

Drunvalo

16 nov 2009

esferas e sólidos platónicos

Partindo dun punto unidimensional saen liñas en seis direccións: cara arriba e abaixo, cara ao leste e oeste, cara ao norte e o sur. Unindo os extremos desas liñas unidimensionais vanse creando as formas-patrón que combinadas darán lugar a aos cinco sólidos platónicos inscritos na esfera.



15 nov 2009

máis no outono

O sitio para observar o serán de outono, o observatorio do solpor, voltouse outonizo a mañá do 1º de novembro. Facendo honor á verdadeira entrada no inverno esa mañá celebramos o comezo do ano celta cun ceo realmente nublado, chuvia, mar rizada, follas caídas e cogumelos (coprinus) mollados. Mais a riqueza do lugar persiste, e iso sábeno ben as aves migratorias que pese ao mal tempo non deixan de achegarse á praia para tomar o seu almorzo.



O outono en cambio comezou este ano cun día especialmente luminoso do que dá conta este paseo pedagóxico por un dos sitios máis máxicos e míticos da Galiza do sur e do norte de Portugal: as dúas marxes do Miño no seu encontro co mar, Foz de Miño, areais de Caminha, praia de Moledo,... na beira portuguesa, o castelo da Ínsua no medio da foz e monte Tegra, a terra máis ao sur da Galiza mariña.

8 nov 2009

Donón, facho de peregrin@s


Algunhas veces dende a punta da lingua de Cabo Home escóitase unha ancestral chamada. É un espazo máxico, batido polas ondas e abrazado polo vento, entre o monte, o océano e as illas.

Se andamos á procura dun centro telúrico ao que peregrinar naveguemos ás illas (Cíes, Ons) ou busquemos por terra un dos moitos -sempre relativos- fins do mundo do continente, como neste caso o extremo sur da península do Morrazo, esa lingua chamada Cabo Home, ou subamos da aldea de Donón ao monte do Facho pola calzada que antano subiron camiñantes buscando a sanación dos seus males coa contemplación do amplo horizonte, a brisa salgada do mar, a mornura do sol e a muda presenza das pedras.

26 oct 2009

Samaín, tempo de sombras

Se o equinoccio de Outono é o punto de equilibrio na transición da luz á escuridade, Samaín inaugura o primeiro cuarto da roda solar céltica que vai do atardecer do 31 de octubro ao 2 de febreiro, festa das Candelas, pasando polo Solsticio de Inverno que é o día en que o sol semella esmorecer.

A metade das estacións son datas significativas no ciclo solar: Samaín no medio do outono, Candelaria no medio do inverno, maios no medio da primavera e 1º de agosto na metade do verán. As crenzas celtas consideraban que a membrana que separa o mundo dos vivos e dos mortos era especialmente fina na véspera de Samaín, momento axeitado para transitar dun lado ao outro do espello e decatarse de que a dualidade con que enfocamos o real non deixa de ser un espellismo.

Esta ancestral celebración do final da colleita pasou a chamarse Halloween (All Hallow’s Eve ou véspera de todo o sagrado) nos séculos V ou VI, cando os pobos celtas se convertiron ao cristianismo. Na actualidade, Halloween voltouse unha celebración do consumismo, se ben en menor medida que esoutra festa de orixe solar que é o nadal.

É un tempo propicio para que as fadas, xentes devanceiras e seres do mundo físico se reúnan e rendir homenaxe en lugares onde se enterran os corpos e se espallan as cinzas. Tempo para acender un lume e lembrarlle ao sol que está só de paso dunha estación a outra.

Samaín é a celebración da deusa Escura, chamada Caillech nos pobos celtas e representada ás veces por unha vella de rostro azul (do frío), Baba Yagá nos pobos eslavos, raíña do inverno ou raíña das neves nos países nórdicos; e asociada probablemente á Lúa Minguante que é a manifestación da triple deusa na súa faceta de Sabia e protectora das sementes.

Tempo de volverse cara adentro e ralentizar a actividade, de lembrar seres cos que coincidimos na terra e xa non están.

Nas tradicións antigas os seres nacen nunha dobre dirección: pasan da materia á non-materia e viceversa que, como Yin e Yang, dan lugar unha á outra nunha roda sen fin.

Samaín serve de pretexto para facerse conscientes desa cara escura da realidade que pretendemos ignorar e que vai asociada ao branco e calcáreo esqueleto que permanentemente nos acompaña.

Para celebrar este Samaín, unha visita ao milenario dolmen de Chan de Arquiña, en pleno Jaján ou Monte Faro de Domaio, lugar frecuentemente visitado polas nubes ou a néboa, e un conto que saíu dalí.




O autobús da Santa

"Ese día a media mañá na metade xusta do outono, día que chaman de Samaín, Leica decidíu subir a Chan de Arquiña para facer unhas fotos á mámoa que hai no merendeiro. De camiño pasou o campo de golf e lembrou o tempo da resistencia veciñal, cando aínda se falaba de construír un corredor que ía rachar o monte e demoler achados do pasado a cambio de chegar antes ás praias no verán e estragar a estética do monte. En cambio, nese momento pareceulle o campo coas súas lagoas de beiras onduladas o único espazo esteticamente pasable na desolada paisaxe de eucaliptal a medias mutilado. A palabra que lle acudía á mente era EROSIÓN. De vir un inverno de persistentes cairos non quedarían máis que penedos pelados.
Na estrada aínda se cruzou cun par de automobilistas que con certeza a esa hora e nun día de semana non viñan de visitar monumentos prehistóricos. Unha egua preñada petiscaba na reseca matogueira e as únicas antenas telúricas que podían emitir algo de información eran os repetidores de televisión. Ao pasalos, virou á esquerda e estacionou a uns metros do dolmen. Desamalloou os zapatos e pousounos xunto co móbil perto dunha fonte de pedra porque non ía privarse de pisar terra nun lugar como aquel; relva rala, follas secas, pracer prohibido para os pés en permanente prisión; ademais ía coa intención de subir á laxe da arca que non quería profanar coas súas solas de goma nin con aparellos de nova tecnoloxía.
Ninguén por alí, perfecto. Logo de media ducia de fotos panorámicas, deixou tamén a cámara onda o resto das súas pertenzas e achegouse ao túmulo que ofrecía un aspecto de total abandono con restos de actividade humana astrados aquí e acolá. Algúns crocus enfeitaban o chan e entre ramas caídas asomaba o chapeu vermello dunha amanita muscaria. Mais a tumba parecía querer afundirse de novo na terra, a penas sobresaía a tampa quebrada da cámara central e as cubertas do túnel de acceso. Sentou enriba da máis grande a escoitar a cháchara dos paxaros e o barullo afastado dunha motoserra. A pedra estaba morna entre o sol velado polos castiñeiros. Pasou outro automóbil e despois cesou o ruído e as voces das aves. Non quería ou tal vez non podía moverse, coma se estivese baixo os efectos dun imán.
Igual se abríu o portal do tempo, como rezan as crenzas celtas, porque naquel intre interminable non pasaba nada, nin un movemento nin un pensamento; o único perceptible era a resonancia dunha lingua adormecida que falaba unha fala muda e antiga. Arredor, as árbores cos seus pigmentos de clorofila desvelaban a presenza de seres vexetais de rostro indescifrable que espreitaban en silencio sen que a máis leve brisa os perturbase.
De súpeto e sen motivo virou a cabeza como cando se sinte que alguén nos observa e víu detrás aquel extraño autobús que ningún rosmar de motor anunciara, algo que por outra parte podía terlle pasado desapercibido dado o estado medio hipnótico en que se sumira. Era un modelo un tanto en desuso, daqueles de contorno redondeado que xa non se ven circular polas estradas. Que raro, pensou, e seguíu mirando até que o autobús empezou a rodar en punto morto, sen ninguén ao volante. Achegouse o suficiente para constatar que dentro había alguén, o que lle arrepiou a caluga pois naqueles rostros non asomaba nin chisco de expresión e de seren ilusións ópticas non se parecían nada ás fermosas pinceladas de verde que ensoñara momentos antes. O autobús esbaraba paseniño costa abaixo tomando unha curva e adquirindo velocidade.
Leica non podía crer o que vía, preguntábase se sería un espellismo, un efecto visual provocado polos repetidores que se atopaban a escasos metros ou unha alucinación producida polas emanacións da amanita que se atrevera a fotografar. E cando se dispoñía a retroceder para saír daquel lance tan desacougante -a palabra que lle viña á mente era PANTASMAS- escoitou o estrondo dun choque. Pensando na posibilidade de que houbese persoas reais que precisaran axuda botou a correr cara o lugar por onde acababan de desaparecer. Aceleróuselle o corazón, pero por máis que bulíu non chegou a tempo máis que para ver esnafrado contra un poste o autobús que botaba un fume de cheiro noxento e tan mesto que ocultaba todo o que poidera haber dentro. Non podía ver nada, tiña que pedir axuda. Tusindo e arfando alancou de novo costa arriba e cos pés doloridos pola grava que tapizaba o asfalto pensou nos seus zapatos e no móbil que deixara na fonte e para poder describir o lugar exacto do accidente volveu a cabeza comprobando con horror que entre aquela fumareira cada vez máis azul e menos mesta non había nada, só unha morea de grosas faíscas que ascenderon até formar unha fila dobre que se dirixíu titilando cara a arca de pedra.
So a laxe, a fileira enroscouse en espiral e a continuación entrou no dolmen que se iluminou coma se fose un cristal e foi absorvida pola terra. A atmósfera tomou unha coloración metálica, unha tonalidade cobalto ou algo así e Leica, agora co corazón parado e o susto disipado coma o fume, non escoitaba máis que o murmurio que agromaba daquelas rochas case fosforescentes que volvían a actuar de imán, até que subíu de novo ao alto da laxe máis grande e alí sentíu o bater, un ronroneo profundo, lene e pausado, que sofronizaba os sentidos cal un canto de berce. Semellaba a respiración da Terra.
Saíu do ensimesmamento cando voltaron os paxaros e a motoserra. Un automóbil tuneado pasou coa música a todo volume e desapareceu pola curva pola que tiña sumido o autobús. O autobús da Santa.
Recolleu un par de latas enferruxadas que había ciscadas entre os ortostatos do dolmen e unha culler de plástico de cor laranxa. De volta ao coche aínda tivo a fortuna de encontrar un fermoso boleto comestible que cortou coidadosamente pola base do pé co mango da culler. Tirou o lixo nunha papeleira e pasou os pés por auga na fonte de pedra do merendeiro. Non esqueceu atar os amallós dos zapatos antes de acender o motor.
Ao chegar a casa e descargar as fotos, non víu ningún autobús. Só no sitio da fonte unha muller que alí non estaba…"

*****************************

21 oct 2009

castro de Cossourado

Situado entre dous ríos (o Miño e o Coura, afluente seu) no lugar denominado Monte da Cidade, este castro ou cividade foi construído durante a Idade de Ferro, habitado entre os séculos V e II antes da nosa era e abandonado antes de que chegaran as tropas romanas. Estaba defendido por dúas murallas que o rodeaban completamente e unha terceira muralla parcial cara ao oeste duns catro metros de espesor feitas de pedras e terra, con rampas e contrafortes de acceso.
Grazas aos traballos arquolóxicos, iniciados en 1993, sábese que algunhas das súas construcións servían de habitación, como almacén e para gardar o gando, e que a economía baseábase principalmente na recolección, agricultura e pastoreo, realizándose ademais actividades de pesca, fiado, tecelaxe, oleiría e metalurxia, entre outras.
Actualmente reconstruído en parte, ben conservado e con magníficas vistas aos catro horizontes, resulta un lugar máxico, propicio para observar as estrelas nunha noite despexada.


chuvia de estrelas

Estamos no tempo das Oriónidas, meteoros que son restos do cometa Halley deixados ao seu paso pola órbita da Terra.

Particularmente esta noite do 21 de outubro será o momento máis axeitado para contemplar estrelas fugaces, sempre que o tempo o permita, algo pouco probable por estas latitudes a menos que as nubes decidan darse unha volta e despexar o ceo. Poderían verse até uns 30 meteoros cada hora, espectáculo nada extraordinario tendo en conta a contaminación lumínica pois para conseguir enxergar unha desas fuxidías faíscas hai que abrir ben os ollos e buscar por entre a capa de luces que velan a atmósfera. Non así en tempos nos que a noite era totalmente noite.

Para imaxinalo voltemos a uns dous mil anos atrás e sentemos á intemperie diante da palloza dun castro...



Cando os restos do cometa, do tamaño de graos de area, chocan coa atmósfera da Terra e se desfarelan, transfórmanse en "estrelas" cadentes ou fugaces que raspan a atmósfera da Terra a unha velocidade de máis de 230 mil km/h, deixando unha pegada brillante debida ao roce e ionización producida nas capas superiores da atmósfera coas altas temperaturas da súa combustión.

Os meteoros poderían ser observadon a simple vista calquera día e a calquera hora, con boas condicións de visibilidade.

Hai outros períodos do ano nos que se poden observar centenas de meteoros por hora, como son as Perseidas, Leónidas, Táuridas, Xemínidas,...

O nome da chuvia de estrelas depende do seu radiante que fai referencia á constelación perto da que se observan máis estrelas fugaces nese momento (Perseo, Leo, Tauro,...) o que non deixa de ser unha ilusión óptica, xa que os meteoros atinxen a atmósfera terrestre en traxectorias paralelas entre si pero que, como sucede cos lados dunha estrada, semellan xuntarse no horizonte.

Cada unha desas chuvias acontece cando a Terra, no seu movimento de translación arredor do Sol, atravesa zonas onde se concentran partículas rochosas deixadas por cometas ou asteroides que transitaran polo noso Sistema Solar.

En raras ocasións anacos rochosos maiores atravesan a atmósfera chegando á superficie da Terra en forma de candullos, abrindo un cráter se son de grandes dimensións ou desintegrándose no camiño despois de atravesar como unha bola de lume o ceo. Son os meteoritos, nome aparentemente contraditorio xa que o seu tamaño é considerablemente maior que o dos diminutos meteoros.

18 oct 2009

as pedras de Laura

Pedras
View more presentations from dadeva.

14 oct 2009

serán de outono



Non é a tarde do equinoccio porque xa pasou algo máis de medio mes, mais pola intensidade e o cambiante das cores valeu a pena papanear. Ademais, dende este observatorio -o paseo á carón do museo do Mar en Alcabre- as illas actúan de "pedras fitas" ou referentes de medición, sempre que se observen dende o mesmo punto, neste caso un banco, o primeiro dende o museo.

En tempos máis remotos facíase outro tanto, e tanta debía ser a fascinación -e a necesidade de prever as estacións- que dalgún xeito había que inxeniarse para medir e marcar certas datas. Entre as máis importantes estaban os equinoccios, como se pode ver no seguinte vídeo encontrado en youtube e gravado no mencer da mañá do 23 de marzo de 2005 en Loughcrew, Irlanda. Nel pódese observar concentrado nuns poucos minutos o paso dos raios do sol sobre a laxe situada ao fondo dun túmulo. Un momento especial no que a luz chama a atención sobre os "deseños do tempo" que o resto do ano dormen placidamente na escuridade.

13 oct 2009

estela de cúmulos


28 sept 2009

Equinoccio

Nos dous equinoccios, o Sol sae polo Leste e ponse polo Oeste, pero non pasa polo cenit. No solsticio de decembro, o Sol sae uns 23,5° cara ao Sureste. No solsticio de xuño, o Sol sae como uns 23,5° cara ao Nordeste.
Que o Sol sae polo Leste e ocúltase polo Oeste é só parcialmente certo en dúas datas ao ano: o día do equinoccio de marzo (de primavera no hemisferio norte), e o día do equinoccio de setembro (de outono no hemisferio norte).



O movemento do Sol exactamente de Leste a Oeste foi utilizado para deseñar rúas de cidades e para orientar templos e altares, pois os raios solares poden facerse chegar a un punto determinado, pasado por unha estreita abertura na parede.

Dunha maneira semellante están colocadas as grandes rocas monolíticas no templo (ou observatorio astronómico) de Stonehenge, en Inglaterra e noutros monumentos e construcións.

Coñecer o inicio da primavera, é importante para os agricultores das zonas tépedas, posto que esta data dá unha certa seguridade de que o inverno terminou. Posiblemente xa non vai haber nevadas e entón pódese cultivar a terra sen correr o risco de perder as colleitas.



O Templo de Kukulkán chamado tamén O Castelo é unha pirámide de sete niveis construída cara ao século XIII polos antigos mayas na cidade de Chichén Itzá, no centro de Iucatán. Este edificio servía a un tempo para render culto a Kukulkán e como un calendario agrícola que sinalaba a chegada do equinoccio de primavera.

...obsérvase na escaleira norte do Castelo de Chichén Itzá, unha proxección solar serpentina, consistente en sete triángulos de luz, investidos, como resultado da sombra que proxectan as nove plataformas dese edificio, ao porse o sol. En Chichén Itzá o fenómeno vese en todo o seu esplendor e a imaxe da serpe de triángulos de luz e sombra descende maxestosa pola alfarda noroeste do Castelo. Para empezar, as primeiras sombras dos corpos superiores da pirámide comezan a debuxar os triángulos isósceles que conforman o corpo da serpe emplumada. Paulatinamente a sombra vai avanzando cara á cabeza en forma de serpe situada na parte baixa da alfarda.






Tamén é probable que as edificacións megalíticas que abondan polo oeste de Europa teñan significados relacionados co calendario das estacións.
Para sinalar os momentos en que o sol alcanzaba os extremos no horizonte (solsticios) ou se situaba no metade do seu percorrido aparente (equinoccios) situaban enormes pedras (megalitos) para marcar as posicións. En Galicia son chamadas pedras fitas. Á esquerda, a pedra Alta de Antela, por terras do Limia.

En relación aos petróglifos tamén caben interpretacións equinocciais como se pode ver no Laberinto Atlántico

18 sept 2009

Welcome to planet Earth

Hai mundos realmente ben organizados. Este noso é un pouco máis caótico. Pero moito máis creativo!

16 sept 2009

constelacións musicais

A música das esferas podía parecerse a esta notación musical: estrelas que son notas; constelacións que son acordes, ligaduras ou frases. Silencios os espazos siderais .
A pesar da versión enlatada deste Nocturno, hipnotiza pasearse por esa Via Láctea sonora: seguir a melodía recorrendo vértices de triángulos, tetraedros e demais pirámides e deixarse embalar por Chopin.
Non inspiraría máis ler a música no ceo estrelado que nas planas partituras cos seus monótonos pentagramas?

16 ago 2009

da Terra e do Ceo

Como partículas nunha matriz de dimensións impensables somos enormes -porque o universo é inconmensurable e a el pertencemos- por outra parte o universo tamén nos pertence, pola simple razón de formar parte del, igual que os átomos de osíxeno e hidróxeno que constitúen a molécula de auga forman parte dela e mostrar as cualidades da auga constitúe a súa natureza.

Como gotas de universo mostramos cualidades propias deste: conciencia unidade e diversidade, con ciencia pero tamén con mitos.

12 ago 2009

Perseidas e chuvias de meteoros: o medo ao descoñecido

Cada ano os restos do cometa Swift-Tuttle entran na atmósfera terrestre formando a chuvia de meteoros das Perseidas. Acontece todos os anos sobre o 12 de agosto.

Hai uns anos, durante unha palestra no Observatorio Astronómico de Lisboa (OAL), o conferenciante contou que preparaba un libro de historias contadas por maiores que viviran a experiencia de presenciar chuvias de estrelas dunha profusión de meteoros tan extraordinaria que algunha xente achaba que o mundo estaba acabando.

Tal vez o libro non se publicou, pero había un par de anecdotas que o home contou e que aínda lembro.
Unha era dunha familia que vivía na aldea e cada pouco tempo lle desaparecía unha galiña. Como non había indicios de que o galiñeiro fora atacado por unha raposa ou outro animal depredador calquera non entendían que podía pasar, pois levábanse ben co vecindario. En particular había unha veciña que pasaba naquela casa moitas veladas e participaba na preocupación por aquelas desaparicións. Até que unha noite unha intensa queda de meteoros levou á muller a pensar que se achegaba a fin do mundo e horrorizada decidíu confesar o delito: era ela a autora dos roubos.
Pero o mundo non se acabou daquela.
Noutra historia, un home maior contaba que aos seis anos, alá polos anos vinte, perdera o seu pai e a familia para consolalo contoulle que o pai viaxara a unha estrela polo que el á noite asomaba á xanela para contemplar as estrelas e rezar ao pai que lle mandase un sinal desde o ceo. Unha desas noites comezaron a chover estrelas e estrelas e o rapaz pensaba que era seu pai e que se excedía un tanto enviando sinais.
Adriana Calcanhoto ten unha canción apropiada a estas historias.

Noutro tempo, e tal vez actualmente nos sitios onde non chega a tecnoloxía, os fenómenos do ceo, tais como un eclipse de sol, produciron inquedanza e desacougo.

Imaxinemos como sería antes de que Galileo apuntase á lúa e aos planetas co seu telescopio!

23 jul 2009

paseo polas constelacións

23 jun 2009

solsticio de verán

Para axotar as trevas acéndense fogueiras na noite do solsticio de verán. No serán arrecende o ar, as vacalouras celebran a súa festa nupcial no areal de pinos mansos e certas ervas adquiren poderes máxicos diluídas na auga do cacho que ten que ficar á intemperie para beber o relente, feito de faíscas e estrelas.


Mitos e iconografía cristiá reúnense no calendario astronómico dos movementos da Terra que xira como unha flor atraída polo Sol. Calendario arcaico da noite dos tempos, inscrito nas pedras e na paisaxe.

Noite de Xangô, de San Xoán,... axota todos os males, que non nos trabe cobra nin can.



Ai, Xangô, Xangô menino
Da fogueira de São João
Quero ser sempre o menino, Xangô
Da fogueira de São João

Céu de estrela sem destino
De beleza sem razão
Tome conta do destino, Xangô
Da beleza e da razão

Viva São João
Viva o milho verde
Viva São João
Viva o brilho verde
Viva São João
Das matas de Oxossi
Viva São João

Olha pro céu, meu amor
Veja como ele está lindo
Noite tão fria de junho, Xangô
Canto tanto canto lindo

Fogo, fogo de artifício
Quero ser sempre o menino
As estrelas deste mundo, Xangô
Ai, São João, Xangô Menino

Viva São João...

12 jun 2009

Stairway To Heaven

Querida dama, podes ouvir o vento soprar,
E, sabías? A túa escada sostense no vento susurrante.
E cando descemos a estrada,
As nosas sombras máis altas que a nosa alma,
Por alí camiña unha muller que todos coñecemos.
Que brilla con luz branca e quere amosar ...
Como todo aínda vira ouro.
E se escoitas atentamente, a música virá a ti finalmente.
Cando todo é un e un é todo, si, ser unha rocha e non rolar.
E ela está comprando unha escaleira para o ceo....


2 jun 2009

de como Galileo deu co famoso telescopio... e en que está a dar aquel descubrimento

En 1608 un constructor de lentes holandés, Hans Lipperhey, solicitaba a patente dun “trebello para observar cousas a distancia” denegada entre outras cousas porque por aqueles días outro constructor de lentes, Sacharias Janssen, da mesma cidade (Midelbourg) declaraba a maneira de construír o instrumento. O invento en todo caso extendeuse rapidamente por toda Europa e en poucos meses vendíanse telescopios de 30 cm en París, Londres, Milán, Roma, Nápoles, Padua e Venecia, cidade esta última onde Fra Paolo Sarpi os encontrou e mostrou ao seu amigo Galileo Galilei.


telescopio de Galileo

Galileo, que empezara estudando medicina e acabara dedicándose ás matemáticas, home curioso e amante da astronomía, aos 46 anos desmontou aquel “tubo óptico” como lle chamaban daquela, cambiou e combinou lentes e fabricou un co que apuntou directamente á lúa, descubrindo con asombro que tiña vales e montañas, comprobando que a Vía Láctea estaba formada por unha impresionante morea de estrelas e que Xúpiter tiña catro lúas (as que aquel trebello permitía ver).

Esa visión fixo tambalear os fundamentos da cosmoloxía creada por Aristóteles e Ptolomeo ocasionando serios problemas coa Igrexa. Aquel sinxelo “cannocchiale” que achegaba e agrandaba os obxectos, desmontaba todo un sistema de pensamento ofrecendo unha concepción máis ampla do mundo. Máis tarde Galileo fixo outras asombrosas observacións que afianzaron as súas crenzas copernicanas, como as fases de Venus, as manchas no sol ou a estraña apariencia de Saturno (semallaba ter “orellas” que resultaron ser aneis).

A súa defensa do heliocentrismo valeulle un longo proceso inquisitorial que o obrigou a abdicar das ideas e verse confinado nunha vila en Florencia ata a súa morte en 1642, pero as evidencias das observacións feitas co telescopio reflíctense na súa famosa frase: E PUR SI MUOVE!

En 1932 publicou o Diálogo sobre os principais sistemas do mundo, ptolemaico e copernicano na lingua italiana en lugar de latín culto, para así facer chegar a nova perspectiva do mundo á maior xente posible. Pero, considerando as autoridades eclesiásticas unha herexía a súa defensa das ideas copernicanas, os exemplares do Diálogo foron queimados e a sentencia lida publicamente en todas as universidades. Só en 1992 a igrexa católica admitíu que as opinións de Galileo sobre o Sistema Solar eran correctas e que o seu xuízo tiña sido inxusto.


telescopio do observatorio de Forcarei, Pontevedra

Pasaron 400 anos e agora temos grandes telescopios na terra e tamén no espazo, sen atmósfera que distorsione a vista, algúns explorando o Universo máis alá do espectro visible, como os do observatorio de raios X Chandra, o telescopio espacial de raios gamma Fermi e o famoso Telescopio Espacial Hubble que, igual que o de Galileo, creou un antes e un despois na visión do cosmos, sorprendéndonos con imaxes impactantes como as da colisións entre galaxias, ou o impacto do cometa Shoemaker-Levy con Xúpiter, as remotas nebulosas, ou planetas orbitando outras estrelas; descubrimentos que nos fan revisar continuamente as ideas que nos facemos do mundo.

Os denominados Campo Profundo e Ultra Profundo do Hubble transpórtannos ao principio dos tempos puidendo observar galaxias a máis de 13 mil millóns de anos luz.


telescopio espacial Hubble

Recentemente lanzouse o observatorio europeo Herschel que estudará a formación de estrelas e galaxias.

Se un simple telescopio de poucos aumentos deu volta á maneira de pensar dos contemporáneos de Galileo, que voltas non dará a nosa cabeza cando todas eses xoguetes espaciais desvelen realidades até agora invisibles e por tanto inconcebibles.

O telescopio espacial James Webb lanzarase ao espazo en 2014 para indagar na historia do Universo, na posibilidade de vida nos planetas extrasolares,... e captará obxectos moito máis distantes no espazo e no tempo, como o propio nacemento do universo, e por que non, o momento en que a humanidade comeza a habitar este planeta.

Conseguiremos ver o álbum das primeiras fotografías? Igual nos sorprendemos comprobando o pouco primitiva que era aquela humanidade e averiguaremos por fin de onde procedían os extraordinarios coñecementos que algunhas civilizacións posuían e, a saber por que, fóronse perdendo.

26 may 2009

Caroline Herschel, astrónoma detrás do telescopio


CARTA DE CAROLINE HERSCHEL(1750-1848)
Un poema de Siv Cedering (1986)

William está fóra, e estou a tomar conta
dos ceos. Descubrín
oito novos cometas e tres nebulosas
nunca antes vistas polo home,
e estou preparando un índice
das observacións de Flamsteed, xunto
cun catálogo de 560 estrelas omitidas
no Catálogo Británico, ademais dunha lista de erratas
nesa publicación. William di
que teño xeito cos números, por iso encárgome eu
de todas as reducións precisas e
cálculos. Tamén planifico o programa
de observacións cada noite,
e o que el chama a miña intuición
axúdame a virar o telescopio para descubrir
cúmulo estelar tras cúmulo estelar.

Axudeille a pulir os espellos
e lentes do noso novo telescópio. É
o máis grande que existe. Podes imaxinar
a emoción de dirixilo a algún novo
canto do ceo para ver
algo nunca antes visto
desde a terra? Eu realmente disfruto
con que estea ocupado coa Royal Society
e o seu clube, para cando remato meu outro traballo
poder pasar a noite toda pescudando
os ceos.

Ás veces, cando estou soa
no escuro, e o universo revela
aínda outro segredo, digo os nomes
das miñas queridas, perdidas irmás, esquecidas
nos libros que rexistran a nosa ciencia

Aganice da Tessalia,
Hypatia,
Hildegarda,
Catherina Hevelius,
Maria Agnes

… como se as estrelas mesmas puidesen lembrar.

Sabías que Hildegarda
propuxo un universo heliocéntrico
300 anos antes de Copérnico? que ela
escribíu sobre a gravitación universal 500 anos
antes de Newton? Pero quen a tería escoitado
a ela? Ela era só unha freira, unha muller.
Cal é o noso tempo, se ese tempo é escuro?
Como o meu nome, que tamén será
esquecido, pero eu non son acusada
de ser unha meiga, como Aganice,
e os cristiáns non ameazan
con arrastrarme á igrexa, para asasinarme, como fixeron
con Hypatia de Alexandría, a elocuente
rapaza que concebíu os instrumentos
usados para medir con precisión a posición
e movemento dos corpos celestes.

Por máis que vivamos, a vida é curta, entón eu
traballo. E aínda que o home se torne importante,
non é nada comparado coas estrelas.
Hai segredos, querida irmá, e é
asunto noso revelalos. O teu nome, como o meu,
é unha canción.

Escribe en breve,
Caroline

Na primeira metade do século XIX, Caroline Herschel, seu irmán William e o fillo deste, John, identificaron e catalogaron miles de galaxias, entre outros obxectos.

21 may 2009

nube cabeza de cabalo


Competindo coa nebulosa homónima motivo da foto astronómica do día de hoxe a nube cabeza de cabalo galga atrás da estrela que vai cara o solpor.

11 may 2009

galaxia derviche

somos galaxias?
galaxias xiróvagas perseguindo a raíz do tempo?



está esa quietude no centro onde todo desaparece,
e resulta máis doado seguir xirando que deterse...

(Mira Hunter en Sufi soul)

Mentres daba voltas cos seus derviches, Rumi dictaba poemas:

Comtempla como o sol está en chamas até o pescozo,
para encher de luz o rostro da terra, co seu rostro.
(Poemas sufíes, 8)

Son como unha copa, o corazón cheo de sangue e o corpo esguío,
na man do amor, que non é nin pálido nin fraco nin esguío.
(Poemas sufíes, 10)

Se enxergas un chisco deste resplandor, porás a arder o soño;
pois por unha viaxe nocturna e a servidume,
Venus convertíuse en compañeira da lúa.
(Poemas sufíes, 12)

9 may 2009

espiral do tempo

"Hunab Ku - Hunab Ku El tiempo es el centro a través del cual todos pasamos Hunab Ku - Hunab Ku El tiempo soy yo y el tiempo eres tú Hunab Ku - Hunab Ku Todos somos el centro por el cual pasa el tiempo Las estrellas que ves son canciones en mis cabellos Los planetas son joyas en hileras, en pulseras de aire En el centro del tiempo hay una raíz que crece Tornándose a través del tiempo en 20 dedos de manos y pies Hunab Ku - Hunab Ku El tiempo es ahora para mí y para ti."(historia del tiempo)

Forma e tempo aniñan no ADN. Participando da natureza da luz, somos tamén onda e partícula: ondas que se deteñen e conflúen para formar partículas, partículas que se disolven para tornarse ondas.

Se xa a luz leva unha velocidade que quita o hipo, outras formas de enerxía -máis subtís que a propia luz- serán susceptibles de moverse a velocidades inimaxinabeis. Se a velocidade se reduce, a enerxía acumúlase en forma de astros tanto máis densos (asteroides, satélites, planetas) canto máis lenta a velocidade e menor radiación desprenden. Se a penas se reduce á velocidade da luz, serán estrelas radiantes.

Podemos tocar a Terra, do sol sentir o calor, observar nebulosas e alcanzar con telescopios espaciais obxectos que os ollos nin se atreven a soñar. Pero non nos facemos idea do universo que pasa veloz a penas rozándonos, porque bule de máis para o noso actual sistema de percepción.

O primeiro retrato (de nós): enerxía que se detén nunha esfera perfecta rodeada de dúas membranas. Cando O TEMPO (enerxía que se ralentiza) entra na membrana comeza a embrullar o particular novelo que deberá xirar día e noite. E as células a construír o seu universo placentario.

O seguinte retrato (seguimos sendo nós): un tetraedro con cadanseu diminuto planeta celular no ángulo correspondente.

De aí en diante, expansión: meiose, mitose. Curioso ese dividirse para multiplicarse acumulando elementos procedentes de supernovas que estalaron lonxe.

O tetraedro continúa no seu crecemento holográfico. No delphos (embigo) mora o xerme do cristal que xira na dobre dirección (dextróxira-levóxira) dando lugar á galaxia que somos, fractal de luz do cosmos que nos rodea.

7 may 2009

galaxias do Hubble

Os nomes das galaxias ben podían ser de deusas, raíñas ou principesas como a de Andrómeda, e non esas desaboridas combinacións de números e letras. Como moito, se lembran a algo teñen un alcume: reloxo, corazón, ollo de gato.
Na nomenclatura do RC3 Catálogo de Galaxias Brillantes Terceira Referencia , as letras e outros símbolos dan información sobre a súa forma facendo alusión á clase, familia, variedade e etapa pola que atravesan.
E así, hainas elípticas, espirais, lenticulares, irregulares e peculiares.
Barradas, mixtas, ordinarias.
Compactas, con anel interior, en forma de S.
Temperás, intermedias, serodias, magallánicas (ou non), alongadas, con anel externo ou con falso anel, de clasificación incerta ou dubidosa.

En todo caso asombrosas, inasibles e irrepetibles.
Seres poéticos con nomes prosaicos.

Antes usábase unha nomenclatura máis simple, porque se sabía de moitas menos. Eses nomes continúan usándose e empezan pola letra M (de catálogo Messier) ou as siglas NGC (de New General Catalogue).

Ademáis de poñerlles extranos nomes e aínda que estamos a uns 25.000 anos-luz de distancia do centro da nosa galaxia, de aquí da Terra non resistimos a tentación de indagar o que hai alí dentro.

A astronomía di que millóns de estrelas rodeadas de po, algunhas delas enormes, novas, supernovas e supermasivas, enxames de estrelas e buracos negros.

O telescopio espacial Hubble nas súas viaxes polo tempo, descubríu que a menos de 100 anos-luz do núcleo da Via Láctea existen, ou polo menos existían no pasado máis remoto, dous enxames onde se encontran as estrelas máis brillantes, o enxame do Arco e o enxame do Quintúpleto.

As demáis galaxias están tan afastadas que parece imposible que ningún telescopio poida alcanzalas, pero o fantástico Hubble, a piques da xubilación, continúa sorprendendo cos seus achádegos.

1 may 2009

multiversos e universos paralelos


Parallelostory from impactist on Vimeo.

“Sempre que se tome un manido grande de elementos caóticos e se ordenen segundo a súa magnitude, confírmase unha forma de regularidade insospeitada e tremendamente fermosa, que estivo latente todo o tempo.”
Francis Galton, Natural Inheritance

Emmy Noether, matemática alemá á que non se permitíu ensinar na universidade por ser muller axudou a salvar a teoría da relatividade xeral en beneficio de Einstein: utilizou a simetría para demostrar que a enerxía se conserva no espacio cuadridimensional. Como as leis da física son simétricas non cambian coa distancia ou o tempo, no espacio ou na Terra, á escala grande ou pequena, no presente ou no futuro.

En 1949 R. Feynman mostrou que, matematicamente, unha antipartícula é o mesmo que unha partícula que se despraza cara atrás no tempo.

Cada partícula ten asociada a súa antipartícula. Así que no universo a simetría perfecta tívose que romper ou non existiría NADA, pois materia e antimateria aniquílanse mutuamente.

Os sistemas de referencia cambiantes e a idea de que a realidade pode abarcar varias perspectivas sen ser en ningún caso “falsa” constitúen a base tanto da relatividade especial de Einstein ( elasticidade do espacio, tempo, enerxía, materia) como da relatividade xeral (curvatura do espacio-tempo).

Por razonable ou disparatada que resulte unha teoría (xeo e heliocentrismo, leis de Newton, relatividade, teoría cuántica, teoría de cordas, teoría M,...) non ten máis que un tempo de vixencia, precedido dun tempo no que provoca entusiasmo ou desconfianza e seguido doutro tempo no que se le como simple etapa a ultrapasar na imparable evolución do pensamento humano.

29 abr 2009

quand le ciel était trop bas

Il fut un temps où regarder vers le haut était impossible...


O vello indio conta que houbo un tempo no que o ceo era tan baixo que as nubes non encontraban lugar onde colocarse, os paxaros non tiñan por onde voar, as copas das árbores estaban debruzadas cara o chan e as persoas case que tocaban coa cabeza os pés.
Era unha terrible situación que os nenos e nenas decidiron cambiar. Para facelo colleron paus cos que empurrar o ceo cara arriba, e xuntando as súas alturas a súa forza e habilidade conseguiron facer crecer o teito do ceo e dese xeito xa as nubes se expandiron, os paxaros felices comezaron a voar, as árbores espreguizaron e as persoas puxéronse a danzar.

26 abr 2009

ceo de abril



Pola mañán na praza de Cerveira a criançada reparte caraveis vermellos.
"Os cravos son para enfeitar o día", di Luandino, con resignado escepticismo.

Cerveira celebra á tarde o 25 de abril recitando poemas e cantando cancións do Zeca no palco dos cervos. Porque pensar en 25 de abril é pensar en José Afonso, e non só na súa Grândola vila morena, así que Venham mais cinco! e viaxemos no tempo observando por un virtual telescopio o último concerto do Zeca no Coliseu de Lisboa, onde alén da longa e profundamente emotiva ovación que lle dedicou, o público acendeu candelas (ou isqueiros) formando, como non, fabulosas constelacións nas sombras do teatro. Poucos meses despois o Zeca foise a morar entre elas.
A capela da senhora do Almortão, virada de costas á Castela, cheira a cravo cheira a rosa cheira a flor da laranxeira na voz de Paulo Bragança que, tan portugués, afirma ser galego até ao Mondego!

primeiras astrónomas


Ainda que a crenza xeneralizada sexa que os rexistros astronómicos mais antigos veñen da China, Babilonia ou Exipto, aproximadamente 3000 anos antes da nosa era, para Francisca Martin-Cano:

"Hoy día es generalizado creer que los primeros astrónomos que observaron los cuerpos celestes y llegaron a conclusiones "científicas" fueron los Sacerdotes sumerios de la civilización estatal patriarcal mesopotama, que a partir del III milenio adne inventaron un calendario zodiacal, que constaba de doce meses lunares, tiempo en el que el sol recorre de forma aparente los doce signos zodiacales por la eclíptica en su viaje anual. Y cada signo correspondía a un mes lunar en que dividieron el año, más otro mes que intercalaban cuando era preciso, debido al desfase de considerar el año de 360 días.

Pero antes de que en tiempos históricos estos Sacerdotes varones observaran y registraran las diferentes posiciones de los astros en el cielo, en Caldea habitaban primitivamente otros pueblos, de quienes existe evidencia que tenían conocimientos anteriores muy precisos y nada de rudimentarios, que compartían y extendieron a otros pueblos de numerosas regiones distintas: tanto en astronomía, como en agricultura, metalurgia, escritura y otros numerosos progresos técnicos.

Y mientras los conocimientos oficiales de Mesopotamia en Astronomía era los del calendario zodiacal y los planetas, que pasaron al mundo oficial de Egipto y a Grecia, en ciertos núcleos se siguió conservando de forma paralela y secreta otros conocimientos superiores: los astronómicos asociados a fenómenos.

En realidad los primeros que observarían "científicamente" los cuerpos celestes que sobresalían en el cielo en diferentes épocas, serían nuestros ancestros del Paleolítico hace más de 40.000 años (son los primeros de los que queda evidencia artística), personas que se alimentaban de la recolección de vegetales, frutos, semillas, cereales, bayas, miel... y la caza de animales herbívoros. Y por tanto necesitaban conocer, por un lado el orden de las estaciones y el de las constelaciones cíclicas y por otro los fenómenos característicos de cada estación, fenómenos cíclicos a lo largo del año (lluvias, vientos, calor, helada...), ya que este conocimiento era necesario para saber si el alimento sería abundante o no, ya que el crecimiento de los vegetales y de los frutos dependía de la presencia esperada de los fenómenos cíclicos. Y alimentos vegetales de los que se alimentaban directamente al recolectarlos, o era la dieta de los animales herbívoros cazados, de los que también dependían.

Y posteriormente en el Neolítico, que empezó en el año 10000 adne, tal observación astronómica y climática sería llevada a cabo por personas dedicadas a la agricultura para conocer los fenómenos cíclicos de cada estación, de los que dependía la germinación de la semilla y el crecimiento de la vegetación, ya que este conocimiento era necesario para saber el momento adecuado para la siembra, si estaba cercana la recolección, o la helada, o la canícula, etc. Y sobre todo tal observación también sería realizada por las Sacerdotisas encargadas de dirigir los rituales a la Diosa Madre, ya que esperaban de forma mágica convencerla de que asegurara la presencia cíclica de los fenómenos de los que dependía la cosecha.
Y sólo eran mujeres las agricultoras y las Sacerdotisas encargadas de tales menesteres, porque así lo evidencia la Arqueología: desde el nacimiento del arte en el Paleolítico y hasta la Edad del Bronce, entre las figuras antropomorfas sólo aparecen imágenes femeninas. En palabras de Campbell (1991, 241): "la Diosa es la única divinidad visualizada en aquel entonces".

23 abr 2009

a astronomía máis antiga

“Es o paxaro azul, e o loro verde de ollos vermellos. Teu fillo é o lóstrego. Es o clima e os mares. Ao non ter comezo manteste na inmanencia, da que nacen todas as cousas.”
Upanishads

En épocas remotas o ceo era reloxo, mapa e calendario, daquela é probable que existira a crenza de ser a terra quen insufla vida a todas as cousas, que nós e o planeta somos as distintas fomas da deusa-nai, a Terra. A deusa-nai sería a denominación primitiva do que a física chama hoxe campo morfoxenético que produce as formas, o protoplasma.

Esas formas e as súas simetrías repetíanse ao ritmo da aparición e desaparición dos astros, e asociábanse a fenómenos propicios ou nefastos: as chuvias e os ventos, os días de calor, as colleitas de froitos e cereais ou a abundancia de animais.

As pinturas e esculturas lembrábanlle ao universo e á nai Terra o retorno deses ciclos, e celebrábanse as festas agrícolas das colleitas, que eran dúas ao longo dun ano.

A actual festa de San Xoán estaba relacionada coa celebración da primeira colleita e co ocaso vespertino da constelación de Acuario en época arcaica (máis de 5000 anos atrás), a festa do nadal coa celebración da segunda colleita, relacionada co ocaso da constelación de Virgo (Virxe) coa súa estrela Spica (Espiga) e as posteriores culturas –non só a cristiá occidental- apoiáronse nesa circunstancia astronómica e agrícola para elaborar os mitos referentes a unha nai virxe (constelación Virgo), tal como María, a exipcia Isis, a fenicia Astarté e a grega Mirra que daba a luz a un bebé ou semente (estrela Spica) tal como Xesús, Horus, Mitra ou Adonis.

As coincidencias entre celebracións, orto e ocaso de determinadas constelacións foi cambiando astronomicamente debido á precesión dos equinocios e culturalmente debido á sucesión de diversas relixións.

Algo se modificou na posición do planeta Terra, polo que xa non se ve o mesmo que hai miles de anos. A estrela fixa arredor da que parecía xirar o firmamento non sempre foi a actual estrela Polar. Hai uns 5.000 años a estrela Polar era a estrela alfa da constelación Dragón, Thuban.

O calendario polo que nos reximos está sustentado na tradición cristiá, que actúa como unha metáfora máis das antigas relixións agrícolas, nas que o principio feminino (deusa-nai Terra) constituía a creación de toda existencia dependente dos fenómenos atmosféricos e astronómicos que se relacionaban coa fertilidade -fenómenos que dividían o tempo en ciclos que constituían o calendario ancestral-, e co paso ás sociedades patriarcais ese principio quedou enmascarado na forma da nai mortal dun fillo divino que morre e resucita para dar de comer á humanidade; igual que a semente é enterrada e resucita para alimentarnos. Mais quen realmente fai crecer a semente é a propia Terra.



O calendario gregoriano e mais o seu antecesor o calendario xuliano son calendarios solares, baseados no cómputo do tránsito da Terra arredor do Sol ao longo dun ano. Ignora as fases da lúa a non ser no senso de corresponderse aproximadamente coas semanas. Outros, como o calendario islámico, son lunares e ríxense pola variación da lúa a través das súas fases. O mes comeza cando se pode vislumbrar a lúa crecente -Al Hilal-, e seu ano non se corresponde co tempo de traslación da Terra. Pola súa banda, o calendario xudeo é un calendario mixto que combina os tempos da Lúa e do Sol.

Falar de arqueoastronomía lévanos a pensar en Chichén Itzá e a sombra equinoccial da serpe, Stonehenge e as casas da lúa e do sol ou a meseta de Gizeh coas súas monumentais pirámides de connotacións astronómicas relacionadas coa constelación de Orión e a esfinxe-constelación de Leo. Sen embargo, máis modestos mais non por iso menos relevantes, perviven en cada lugar calendarios antigos inscritos na paisaxe, como os petroglifos dos que se poden facer interpretacións astronómicas, enterramentos neolíticos orientados ao solpor e pedras chantadas por montes e camiños.

Outeiriño de sombriñas. Pontecaldelas.

20 abr 2009

nubes so a vela

 
 

 monte do Facho
Donón

7 abr 2009

o que as nubes ven

Gavin Pretor-Pinney na súa magnífica Guía do observador de nubes, propón o que el chama "contemplación do ceo debaixo de ti" que consiste en estumballarse panza arriba no alto dun outeiro, ou na terraza da casa no casco urbano, e papanear vendo pasar as nubes. E entón mudar de perspectiva: sentir que son as nubes as que desfilan por debaixo de nós e así, pendurando dun bambán invisible de trapecista observar as paisaxes que as nubes recrean e trazar o seu mapa fugaz, irrepetible. Ese é un exercicio que tamén se pode realizar sen ter que recurrir á imaxinación, dende un avión que voe ben alto. E se o avión vai á altura das nubes, o que nos dará é a propia perspectiva que teñen elas do que se ve aquí abaixo, unhas vistas espectaculares das que disfrutaremos sen dúbida tamén, cando co tempo nos voltemos auga, e polo tanto, nubes.

27 mar 2009

imamagini dell'universo dall'antichità al telescopio

Do 13 de marzo ao 30 de agosto de 2009, na cidade de Firenze, exposición no Palazzo Strozzi, "Immagini dell'universo dall'a antichitá al telescopio".



Fantástica mostra de modelos cosmolóxicos, códices, achados arqueolóxicos, instrumentos astronómicos, debuxos, esculturas e pinturas, ademais de múltiples e sorprendentes recursos multimedia para realizar unha viaxe a través da evolución do pensamento humano, as visións do mundo de distintas civilizacións e os fenómenos do ceo na creación artística.

Unha viaxe por Mesopotamia e Exipto, a época romana, os mitos e as súas representacións, as primitivas medidas do tempo, a idade media, o renacemento, a astronomía árabe, a pretendida e pretenciosa evanxelización do cosmos, os mapas, os fascinantes instrumentos científicos e a revolución que supuxeron as observacións de Galileo grazas ao telescopio.

25 mar 2009

concerto para primavera

O vinte de marzo comezou este ano a primavera, e que mellor forma de anunciala, igual que fan as aves, que con un concerto. Sobre todo se o concerto se celebra na cidade de Florencia, tan mítica en encantos e encantamentos.

No Instituto francés de Firenze e dentro do festival internacional de piano Pianorama, un concerto para dous pianos e para piano a catro mans interpretado polas pianistas Ana Queirós e Christina Margotto, portuguesa e brasileira respectivamente, podía ser unha boa maneira de celebrar a chegada da primavera.

Desde a primeira peza, de Antonio Soler, até a última, maravillosa, de Samuel Barber, o programa non deixou decaer a atención en ningún momento.

Con dedos áxiles e unha sutil danza vertebral acompañando o movemento dos dedos, as intérpretes conseguiran facer voar a fantasía, levándonos da man por paisaxes oníricas e máxicas.

Con Ma mère l’Oye de Ravel devolvéronos os personaxes dos contos da infancia, co cuco anunciando a primavera no medio do bosque, os palacios de belas e principesas e as fadas dos xardíns.

Alegre baile de mans con catro das danzas húngaras de Brahms, que por certo foron compostas orixinalmente para piano a catro mans ainda que posteriormente Brahms arranxou algunhas delas para piano só e algunhas outras para orquestra.

A sorpresa foi encontrarse cun compositor que acrecentou máis os lazos que nesta beira norte do Miño sentimos por Portugal. Lopes Graça rescatou, con gosto e sensibilidade contemporánea, cancións populares portuguesas coas que en boa parte nos identificamos na Galiza. Disfrutamos inmenso! Tanto que tentamos convencer ás artistas para traer o seu traballo á nosa terra, onde sería de grande interese dar a coñecer a obra deste compositor tan cercano a nós.

Disfrutamos tamén con "París 1937", outra peza, de carácter ben diferente, tamén de Lopes Graça que ademais de lúdica foi capaz de transportarnos co seu ritmo e guiños melódicos á beira do Sena no París doutros días.

Por todo, polo acertado do repertorio e polo ben facer das pianistas, que puxeron na interpretación das obras a súa capacidade de diálogo musical, a súa inspiración e paixón, valeu ter ido a Firenze, cidade que nos encantou... esta vez coa súa música.


23 mar 2009

a lúa de Pi

 
Posted by Picasa

Así estaba a lúa o 13 de marzo a case as once e media da noite, e así foi como Pi a víu dende a terraza, como un xigantesco ovo de dinosaurio.

6 mar 2009

astrónoma miña

Neste día da muller de 2009, lembraremos a mulleres astrónomas, cosmonautas e astronautas, ademais das que saen no calendario "Ela é unha astrónoma", que se pode descargar tamén desde esta páxina (nunha das entradas do mes de decembro).

Unha serie de enlaces a páxinas web para botar unha ollada ao traballo das mulleres nas ciencias espaciais e que nos servirá para constatar, por unha banda, que aínda hoxe os tempos da igualdade entre xéneros non son chegados, mais por outra que as mulleres sempre souberon ollar e voar ben alto.

Mulleres na astronomía

Caroline Herschell e as estrelas variabeis

Henrietta Cisne Leavitt e as cefeidas

Sophia Brahe e a posición dos planetas



En homenaxe, a Sarabanda de Bach interpretada por Yo-Yo Ma, acompañando todas esas transformacións de sucesivos rostos de mulleres na pintura.

26 feb 2009

lulin

O seu nome completo é C/2007 N3 Lulin e pódenselle distinguir dúas colas. As colas fórmanse polo vento solar que espalla a materia brillante que rodea a cabeza ou coma do cometa. A materia é xeo con apariencia de neve sucia que se vaporiza, sublima, co calor do sol. Ese vapor brilla formando o coma que rodea o núcleo do cometa e parte del sóltase como unha madeixa de cabelo formando unha das colas de aspecto abrancaxado. A outra, azulada, está formada por ións.

Os cometas teñen órbitas excéntricas e pasan cada moitos anos o suficientemente perto para que poidamos aprecialos.

O Halley pasa cada 77 anos. A última vez, en 1986. Era tan popular que as noites con bo tempo non era difícil encontrar alguén cargando uns prismáticos ou un telescopio, en busca dese obxecto fabuloso. Pero o cometa xa fora estudado por Edmund Halley en 1682 e as súas observacións levaron a este a deducir a periodicidade destes astros.

En 1995 dúas persoas descubriron un cometa. Eran Hale, en Novo México, e Bopp, en Arizona. É por iso que lle puxeron ese nome composto, como ao que descubriron na mesma noite do 1 de setembro de 1978 desde Xapón o señor Haneda e o señor Campos desde Suráfrica. Pero se non vimos o Hale-Bopp naquela ocasión agora teremos que agardar uns tres mil anos.

Pode parecer moito tempo, en cambio Lulin non se prodiga tanto como eles e pasa só cada 28 millóns e medio de anos..., dá frío pensalo!

Aínda así, a peor sorte é a do cometa Haneda-Campos, que, logo de deixar unha corrente de meteoritos -as Capricórnidas de octubro- como tantos outros cometas menores, foi desviado da súa órbita pola forte atracción gravitatoria do planeta Xúpiter, según nos contou o señor Campos, o que nos privará de observalo simplemente para sempre.

Ou para sempre carece de senso neste contexto?

Outros cometas relevantes que pasaron ultimamente foron Kouhoutek en 1973 ou Hyakutake en 1996.

Cada mes son observables até unha decena deles e máis, que pasan desapercibidos para o común dos mortais. Este mes de marzo serán visibles os cometas Kushida, Christensen, Bhroughton, Cardinal, Siding Spring, Mc Naugth, Boethin, Churyumov-Gerasimenko, Schwassman-Wachmann1, Kopff e 116P/Wild 4.

Pero sen dúbida, o protagonista desta temporada é Lulin.


Fotografía de Phillip Jones