17 feb. 2010

eclipse: a lúa que menstrúa

Debido á tonalidade vermella que adquire durante os eclipses moitos pobos crían que a lúa era comida por un animal; na China, onde a palabra para eclipse é “chih” que significa comer, pensábase que era un dragón o que comía a lúa. Nas noites de eclipse, a xente saía das casas con trebellos de labranza, lanzas e outros utensilios para escorrentar o animal que ameazaba con deixar o ceo sen lúa (ou sen sol).

Os aztecas, aínda sendo coñecedores da causa astronómica deste fenómeno, representaban tamén o eclipse como un dragón que comía á Lúa.

Na aldea Kuikuro no Matto Grosso brasileiro acontecen cousas extraordinarias durante un eclipse de lúa: os animais cambian de forma, chove sangue, soan flautas sagradas, e a xente pinta a cara de branco e de negro para imitar a lúa, cantan, danzan e fan xogos para despertar o mundo. Todo iso o día em que a lua menstruou.




Calendario das fases da lúa

Phases of the Moon

Eclipses 2010:
15 de xaneiro: Eclipse Anular de Sol
26 de xuño: Eclipse Lunar Parcial
11 de xullo: Eclipse Total de Sol
21 de decemmbro: Eclipse Total de Lúa
Catálogo de eclipses na web da NASA