21 dic 2013
11 sept 2013
Saturno e Venus na constelación de Virgo
Os planetas, sobre a eclíptica diríxense ao ocaso, cara a illa de San Martiño- Debaixo da lúa, invisible a esta hora, a constelación de Escorpio.
9 sept 2013
8 sept 2013
26 ago 2013
nube de fume
Tristemente o verán non podía acabar sen incendios. Este é o rastro que deixou sobre o océano o lume que queimou os montes de Oia e Rosal. O sol arde tamén, entre o fume e o mar.
20 ago 2013
lúa azul: a terceira lúa chea do verán
A primeira lúa chea deste verán coincidíu coa noite de san Xoán, un par de días despois do solsticio de xuño e a cuarta será un par de días antes do equinoccio de setembro.
Pois ben, a chamada lúa azul ou blue moon (tal vez lúa triste?) pode ser a segunda lúa chea nun mes ou pode ser a terceira de catro lúas cheas nunha estación.
Este verán temos lúa azul na noite do 20 a 21 de agosto. A última lúa azul estacional víuse o 21 de novembro de 2010.
19 ago 2013
14 ago 2013
a cor do mar
Visto de lonxe, dá cor ao planeta. De perto é con frecuencia metálico. Brillante azo, pesado chumbo, dondo e mesto mercurio, prata lisa. Só na hora da alquimia, cando se une co sol e se dan as condicións precisas transmuta a puro ouro. É ouro líquido.
A que esperan as areanas para mergullar nel e recoller nas peneiras tan efémera riqueza?
10 ago 2013
8 ago 2013
Venus e a lúa despois do Ramadán
O noveno mes lunar é tempo de Ramadán. Esta lúa afiada marca o fin do xexún e o comezo da festa Aid-al-Fitr.
16 jul 2013
noite no val da morte
Parece ser que non se pode camiñar polo fondo das dunas, debido ao dióxido de carbono que emana a area. Hai que ir polo borde, polo alto da duna. Entón chega a noite e chégase aínda máis alto, a tocar as estrelas.
29 jun 2013
botar a andar
Disque todos os camiños levan a Roma. Ou a Compostela, que foi onde chegou Samantha desde Bilbao, andando. Tras o merecido descanso e logo de repoñer proteínas no Ancoradouro, bótase a andar de novo praia adiante, sen se decatar de que é aí -onde se pon o sol tras o mar aberto- a onde quería chegar, o lugar onde acaba realmente a súa pereginaxe. Tanto ten a ruta do norte e o camiño primitivo, o camiño francés, o portugués ou a via da prata. Tanto ten desviarse a un mosteiro, a unha capela ou á mesmísima catedral de Santiago. Todo camiño que se precie persegue o horizonte do sol, o fin da tarde e da terra coñecida, unha liña inalcanzable que brilla na distancia, como un arco-da-vella que non pode atravesarse.
Detrás do horizonte, a casa de Sam, e un tanto máis perto á súa frente, Galiza, esa segunda casa que agora si, non queda máis que atravesar o Miño para alcanzala.
22 jun 2013
sol-sticio
O sol non se move deste punto sobre o horizonte.
Dous ou tres días antes e despois do solsticio o sol está parado: avanzaba cara ao norte e xa non avanza máis. Despois do san Xoán volverá desandar cara o sur sobre os seus pasos e alcanzará de novo no solsticio de decembro o punto máis septentrional.
Xa que se trata dun día especial o sol hoxe disfrazouse de pagoda. Poderíamos construír un calendario de tipo stonehenge para incrustar o sol no medio e márcalo cunha pedra fita.
chega o verán con algunhas nubes
Deste observatorio apréciase ben o repertorio de chapeus e outros abalorios de nube que enfeitan o Tegra.
No día do solsticio a praia prepárase para o verán e a chegada de bañistas.
1 jun 2013
sol a camiño do noroeste
Entrando no mes do solsticio cada día o sol avanza un chisco máis a norte no seu orto e ocaso. Dende aquí semella un peregrino repetindo cada ano a ruta marítima cara a algún finisterrae que, ao serán, agotado do seu periplo, mergulla no leito mariño e dorme até de madrugada.
14 mar 2013
a lúa e o cometa
Milton Otto de Austin, Texas capturó esta imagen del cometa PANSTARRS
cerca de la luna nueva el 12 de marzo de 2013.
cerca de la luna nueva el 12 de marzo de 2013.
11 mar 2013
Pan-Starrs, cometa
Ademais do cometa ISON que será visible en novembro, este ano visítanos este outro chamado Pan-Starrs. O 5 de marzo foi cando pasou máis perto da Terra, a algo máis de 150 millóns de km, e o día 10 estivo case tan perto do sol como o planeta Mercurio co que se supón aí soltaría a súa melena de xeito que igual se deixa ver durante o resto do mes a simple vista. Apuntemos se non os nosos prismáticos ao horizonte oeste despois do solpor, cada día un tanto máis cara o norte en busca da brillante cola do cometa.
2 ene 2013
pantasma de sol
Ao principio alá o estaba sobre o horizonte, un círculo ben definido que vai sumindo no mar; mais unha vez mergullado, o seu rastro -un enorme e brillante halo laranxa e vermello- persiste cal se fose o verdadeiro sol, pantasma leve e volátil como paxaro de fogo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)