Venus a 1.15°N da lúa
Mostrando entradas con la etiqueta planetas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta planetas. Mostrar todas las entradas
8 sept 2013
10 ago 2013
21 dic 2012
26 feb 2012
Xúpiter, lúa e Venus en conxunción.
Cando coinciden os planetas e a lúa, o camiño da eclíptica vólvese luminoso e máxico. Son brillantes que se pon a noite no seu colar. E destacan na escuridade como altísimos farois, pese á contaminación lumínica.
29 ene 2012
camiño da eclíptica
Seguindo o camiño das constelacións zodiacais, a eclíptica, van en fileira Venus, a lúa e Xúpiter cara ao horizonte suroeste. Máis tarde veremos a Marte seguida de Saturno que cara as tres da mañá formarán un triángulo coa estrela Arturo
21 oct 2010
xúpiter e a lúa

Versión de Xúpiter e a lúa na praia de Rodeira no día e hora da imaxe de Stellarium en a simple vista (elcielodelmes).
De non ser pola lúa, e imaxinando que non existise contaminación lumínica , veríamos con axuda de prismáticos non só as lúas de Xúpiter senón tamén a Urano, ambos os dous entre as constelacións de Piscis e Acuario.
15 oct 2010
por min, fico aquí
Se entre todos os planetas do sistema escollemos este sería por algo;
máis exactamente, por auga.
Chamarannos a atención as faixas de cor de Xúpiter, os aneis de Saturno coas súas brillantes lúas, as vermellas areas marcianas, os aceirados azuis de Urano e Neptuno ou a pálida e tóxica Venus. Pero, unha vez pousado o pé descalzo -ou a pata peluda - na superficie cálida da Terra, e sobre todo se probamos a mergullar nos seus dondos mares, quereremos ficar nela para sempre.
Se pensamos o contrario fagamos o seguinte exercicio:
1º tomar distancia para contemplala de lonxe co resto dos planetas
2º aterrar e admirar as fabulosas criaturas que nela habitan.
- por min, fico aquí- decidíu o urso branco.

14 oct 2010
entre lusco e fusco
.jpg)
.jpg)
O novo planeta potencialmente habitable ten unha cara virada á estrela-sol do seu sistema sempre quente e iluminada e a outra fría e permanentemente en sombra, así que de vivir alí habería que facelo na zona intermedia e pasaríase do día á noite a cada momento nun contínuo lusco e fusco. Iso non sería un gran inconveniente, o problema segue sendo a insalvable distancia de 20 anos luz que nos separan del e a incerteza de que alí haxa auga líquida. De momento a NASA adianta que Gliese 581g xira nunha órbita case circular similar á nosa, que probablemente estea cuberto de rochas e con gravidade suficiente para reter unha atmósfera mais non asegura que esta sexa respirable.
Por tanto, estamos igual que estabamos, planeta non temos máis ca un, a Terra, e a nosa misión galáctica consiste en coñecelo, coidalo e disfrutalo e se nos peta despegar do chan e dividir o ceo pola metade transitando entre o día e a noite, como faríamos no mundo de Zarmina.
2 dic 2008
eclipse de venus
18 nov 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)