Mostrando entradas con la etiqueta solsticio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta solsticio. Mostrar todas las entradas

21 dic 2013

esquema de solsticios e equinoccios

 

21 dic 2012

ceo de solsticio

 


12 jul 2011

sombras de solsticio no globo terráqueo paralelo

O movemento pola liberación do globo terráqueo convocounos a sacar a esfera do seu soporte, situala enriba dun pequeno xerro e orientala cara ao norte, tendo en conta que quen está "enriba", na vertical, somos nós, é decir, o sitio no que estamos nese momento está situado no topo do globo.
Unha vez situado o globo paralelamente ao propio planeta, podemos observar que as sombras son iguais a escala grande ou pequena.
É así como o sol daba o día de San Xoán, perto do solsticio de verán, un par de horas antes, a mediodía e un par de horas despois.

unha divertida versión da historia da astronomía nos seus comezos



20 dic 2010

eclipse de lúa e solsticio de decembro

Na data de mañá martes 21 de decembro de 2010 conflúen dous importantes eventos astronómicos: eclipse de lúa e solsticio de inverno.

A lúa está chea e probablemente a piques de saír a estas horas da tarde.

Veremos o eclipse de mañá cedo, antes de que se poña a lúa cara ao oeste. Se non é posible velo, na seguinte web retransmitirase en directo desde o Teide.

http://www.eclipsesolar.es/index_es.html

O solsticio producirase tamén mañá martes perto da medianoite. Nesta data os raios solares caen perpendiculares sobre o paralelo 23,5° sur, chamado Trópico de Capricornio porque hai uns catro mil anos durante este solsticio, o Sol tiña como fondo a constelación de Capricornio. Actualmente debido á precesión, prodúcese na constelación de Saxitario, "perto" de Ofiuco.

25 dic 2009

astronomía do nadal

Cando o sol se para, e debido a súa debilitación, semella morrer.
O sol está uns tres días parado -morto- e despois resucita, retomando o seu deambular a través do horizonte. O novo sol é unha criatura que hai algúns miles de anos -debido á precesión equinoccial- nacía no seo dunha das constelacións zodiacais: Virgo.

Deusa virxe DIAM de Luristán
dando a Luz entre animais,
século IV a.C.


As civilizacións antigas celebraban neste momento o nacemento do Sol representado en diversos deuses (Mitra, Horus, Dioniso,... todos eles nacidos dunha virxe) igual que hoxe celebra a tradición cristiá o nacemento de Xesús, nacido da virxe María. Todos eles mortos, enterrados e resucitados ao terceiro día o que tanto pode referirse ao tempo que tarda en saír o sol da súa "inmobilidade" como ao tempo que tarda unha semente (como a do liño) en agromar do seu particular enterramento.

Díxolle o millo á liñaza:
Ándate tí, espepitada, que ós tres días estás nada.
E a liñaza respondeulle: Seica coma tí, borrón,
que tardas sete semanas en salires do torrón.


A arqueoastrónoma Francisca Martin-Cano defende a hipótese de que 25 de decembro era o momento en que o sol nacía na constelación de Virgo, nun tempo arcaico, circunstancia que se modificou debido á precesión dos equinoccios. Ademais, a estrela principal de Virgo (virxe) é Spica (espiga) e o nome de Belén significa a "casa do pan".



"Os tres reis" é o nome que reciben nalgunhas tradicións as tres estrelas do cinturón de Orión, que ben -pode considerarse- anuncian a chegada de Sirio, estrela que entre os exipcios representaba á deusa Isis, esposa e irmán de Osiris e nai (virxe) de Horus.



Os ritos das relixións veñen de antigo. No Libro da Saída á Luz do Día, ou Libro Exipcio dos Mortos, na Entrada ao Santuario de Maat, pódese ler:

"Debes saber, pois!
O Pan da túa comunión,
O Viño da túa Comunión,
e todas as ofrendas que che son destinadas
Son emanacións do Ollo de Râ!"

Metáfora solar, agrícola ou astronómica, a celebración, común a tantas culturas a través do tempo, non deixa de ter o seu sentido humano e espiritual, á marxe de que hoxe prime por enriba de todo o espíritu consumista.

Para a civilización grega, a dos moitos mitos, o solsticio de inverno era a porta das divindades, como o de verán o era da humanidade. Quizais non é máis que un momento para lembrar o aspecto divino compartido por seres humanos, Natureza e o Universo de que formamos parte.

21 dic 2009

de novo solsticio

Entramos nun dos oito portais da roda solar celta, neste caso o solsticio de decembro. As datas dos solsticios teñen que ver coa distancia angular máxima que se produce entre o sol e o ecuador terrestre, o que no hemisferio norte significa, no inverno, o día de menos horas de sol.

Solsticio é o tempo en que o sol semella deterse no seu aparente avanzar cara o sur. Ese "deterse" do sol durante uns días non é máis que a volta que a terra dá ao chegar aos pontos da súa órbita máis afastados do sol antes de continuar de novo o seu incansable ciclo. Como se nunha montaña rusa chegamos ao final da curva e aguantamos a respiración e ao virar todo recomeza.

Perto do solsticio o sol ponse ao pé do mítico monte Tegra,
visto de Cerveira.

23 jun 2009

solsticio de verán

Para axotar as trevas acéndense fogueiras na noite do solsticio de verán. No serán arrecende o ar, as vacalouras celebran a súa festa nupcial no areal de pinos mansos e certas ervas adquiren poderes máxicos diluídas na auga do cacho que ten que ficar á intemperie para beber o relente, feito de faíscas e estrelas.


Mitos e iconografía cristiá reúnense no calendario astronómico dos movementos da Terra que xira como unha flor atraída polo Sol. Calendario arcaico da noite dos tempos, inscrito nas pedras e na paisaxe.

Noite de Xangô, de San Xoán,... axota todos os males, que non nos trabe cobra nin can.



Ai, Xangô, Xangô menino
Da fogueira de São João
Quero ser sempre o menino, Xangô
Da fogueira de São João

Céu de estrela sem destino
De beleza sem razão
Tome conta do destino, Xangô
Da beleza e da razão

Viva São João
Viva o milho verde
Viva São João
Viva o brilho verde
Viva São João
Das matas de Oxossi
Viva São João

Olha pro céu, meu amor
Veja como ele está lindo
Noite tão fria de junho, Xangô
Canto tanto canto lindo

Fogo, fogo de artifício
Quero ser sempre o menino
As estrelas deste mundo, Xangô
Ai, São João, Xangô Menino

Viva São João...