Mostrando entradas con la etiqueta historia da astronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia da astronomía. Mostrar todas las entradas

2 feb 2012

xenios da ciencia

Cristopher Wren, arquitecto, astrónomo e matemático inglés, naceu en 1632, baseaba a beleza dos edificios que construía na xeometría, a uniformidade e as proporcións, chegando a aplicar as regras do tratado de arquitectura de Vitrubio na reconstruccción dos templos da cidade de Londres tras seren destruídos por un incendio.

 


Contemporáneo de Newton, Robert Hooke naceu na illa de Wight en 1635. Interesouse por temas tan diversos como a bioloxía, medicina, astronomía, mecánica dos sólidos deformáveis​​, vida microscópica ou arquitectura. Utilizando o microscpio observou que as láminas de cortiza estaban formadas por pequenas cavidades poliédricas que lembraban as celas dun favo de mel. De aí ven o nome de célula.
En astronomía formulou unha teoría sobre o movemento dos planetas e as súas observacións dos cometas levárono ao concepto de gravitación. En 1672, tentou probar que a Terra se move nunha elipse en torno ao Sol. Esas ideas serviron a Isaac Newton para elaborar a súa teoría da gravitación. Tamén discutíu con el durante décadas sobre a teoría da luz. Ademais, construíu telescopios cos que descubriu a primeira estrela binaria e elaborou a primeira descrición coñecida do planeta Urano.


Biografía de Isaac Newton

De Newton a Einstein

12 ene 2012

rené descartes e a súa visión do mundo

A faceta máis coñecida de Descartes é a súa filosofía fundamentada na dúbida, o seu "Discurso do método" e a famosa frase "cogito, ergo sum" ou "penso, daquela existo".
Pero, como vivíu este personaxe que deixou a súa pegada no pensamento humano?

Nestes documentais podemos facernos unha idea do seu xeito de concebir a mente e a natureza do universo,  ademais de curiosear sobre a súa vida.

29 nov 2011

9 jun 2011

kepler e a harmonía das estrelas

Para Kepler a natureza é música, os astros forman parte da natureza e a harmonía é a lei que rixe a natureza. Quizais el escoitou a canción cantada polos planetas.

Probou a explicar o funcionamento dos astros con modelos xeométricos mais os sólidos platónicos non conseguían encaixar. Marte levaba un ritmo extravagante...

Coa axuda das precisas medicións de Tycho Brahe, Kepler realizou un descubrimento de transcendental importancia: que as órbitas dos planetas arredor do sol non eran circulares senón elípticas.
Enunciou as súas famosas tres leis e unha semana despois de enunciar a terceira lei houbo un acontecemento en Praga, a cidade onde vivía, que desencadeou a guerra dos trinta anos o que aínda complicou máis a súa vida.

Unindo as observacións de outros e a súa rica imaxinación foi o primeiro en descubrir como se moven os planetas, e tal vez dos primeiros en "viaxar á lúa"! No seu libro “Somnium” (Soño) fala de dous tipos de habitantes, os subvolves que vivían na cara que dá á Terra e os privolves, que habitaban o lado oculto, e facían viaxes á outra cara para contemplar o noso precioso planeta.

Pitágoras mostrou a relación entre a matemática e a música experimentando con cordas que vibraban e dividíndoas en diferentes partes ou intervalos: unha corda dividida pola metade dá lugar á mesma nota unha octava máis alta porque ten o dobre da frecuencia; na escala de do, 2/3 da corda é un sol ou intervalo de quinta e os 3/4 é unha cuarta ou distancia de do a fa.

O son é unha onda cunha determinada lonxitude de onda ou frecuencia. A sucesión de determinadas frecuencias forman unha escala, que pode ser maior ou menor dependendo da posición dos intervalos e cando as frecuencias combinan dan lugar á harmonía.

Unha curiosidade:
Se queres afinarte e non tes diapasón, descolga o teléfono (fixo) e obterás a nota de referencia para que poidas cantar toda a escala.
A frecuencia do tono ao descolgar o teléfono é de 440 hz, é decir un LA, que é a frecuencia do diapasón.
A partir de agora non hai escusa para desafinar.

de novo galileo






Tycho e Kepler







2 jun 2011

Giordano Bruno

"Extendo as alas confiadas ao espazo,
non temo ningunha barreira de cristal nin de vidro,
mergullo nos ceos e sulco o infinito;
e mentras me elevo dende min propio
elevo a outros e penetro a través do campo eterno
que outros viron dende lonxe;
eu déixoos detrás de min".




Breve biografía (en italiano)
Mundos infinitos (en galego-portugués do brasil) (3:31 min)

Unha peli:
Giordano Bruno | Giuliano Montaldo 1973 (15 min)


A Historia de Giordano Bruno e a Inquisicao
Un Blasfemo
con letra

bibliografía sobre giordano bruno & la imaginación creadora


“Forse con più timore pronunciate la sentenza contro di me di quanto ne provi io nell’accoglierla

26 may 2011

o mundo de Copérnico


2 jun 2009

de como Galileo deu co famoso telescopio... e en que está a dar aquel descubrimento

En 1608 un constructor de lentes holandés, Hans Lipperhey, solicitaba a patente dun “trebello para observar cousas a distancia” denegada entre outras cousas porque por aqueles días outro constructor de lentes, Sacharias Janssen, da mesma cidade (Midelbourg) declaraba a maneira de construír o instrumento. O invento en todo caso extendeuse rapidamente por toda Europa e en poucos meses vendíanse telescopios de 30 cm en París, Londres, Milán, Roma, Nápoles, Padua e Venecia, cidade esta última onde Fra Paolo Sarpi os encontrou e mostrou ao seu amigo Galileo Galilei.


telescopio de Galileo

Galileo, que empezara estudando medicina e acabara dedicándose ás matemáticas, home curioso e amante da astronomía, aos 46 anos desmontou aquel “tubo óptico” como lle chamaban daquela, cambiou e combinou lentes e fabricou un co que apuntou directamente á lúa, descubrindo con asombro que tiña vales e montañas, comprobando que a Vía Láctea estaba formada por unha impresionante morea de estrelas e que Xúpiter tiña catro lúas (as que aquel trebello permitía ver).

Esa visión fixo tambalear os fundamentos da cosmoloxía creada por Aristóteles e Ptolomeo ocasionando serios problemas coa Igrexa. Aquel sinxelo “cannocchiale” que achegaba e agrandaba os obxectos, desmontaba todo un sistema de pensamento ofrecendo unha concepción máis ampla do mundo. Máis tarde Galileo fixo outras asombrosas observacións que afianzaron as súas crenzas copernicanas, como as fases de Venus, as manchas no sol ou a estraña apariencia de Saturno (semallaba ter “orellas” que resultaron ser aneis).

A súa defensa do heliocentrismo valeulle un longo proceso inquisitorial que o obrigou a abdicar das ideas e verse confinado nunha vila en Florencia ata a súa morte en 1642, pero as evidencias das observacións feitas co telescopio reflíctense na súa famosa frase: E PUR SI MUOVE!

En 1932 publicou o Diálogo sobre os principais sistemas do mundo, ptolemaico e copernicano na lingua italiana en lugar de latín culto, para así facer chegar a nova perspectiva do mundo á maior xente posible. Pero, considerando as autoridades eclesiásticas unha herexía a súa defensa das ideas copernicanas, os exemplares do Diálogo foron queimados e a sentencia lida publicamente en todas as universidades. Só en 1992 a igrexa católica admitíu que as opinións de Galileo sobre o Sistema Solar eran correctas e que o seu xuízo tiña sido inxusto.


telescopio do observatorio de Forcarei, Pontevedra

Pasaron 400 anos e agora temos grandes telescopios na terra e tamén no espazo, sen atmósfera que distorsione a vista, algúns explorando o Universo máis alá do espectro visible, como os do observatorio de raios X Chandra, o telescopio espacial de raios gamma Fermi e o famoso Telescopio Espacial Hubble que, igual que o de Galileo, creou un antes e un despois na visión do cosmos, sorprendéndonos con imaxes impactantes como as da colisións entre galaxias, ou o impacto do cometa Shoemaker-Levy con Xúpiter, as remotas nebulosas, ou planetas orbitando outras estrelas; descubrimentos que nos fan revisar continuamente as ideas que nos facemos do mundo.

Os denominados Campo Profundo e Ultra Profundo do Hubble transpórtannos ao principio dos tempos puidendo observar galaxias a máis de 13 mil millóns de anos luz.


telescopio espacial Hubble

Recentemente lanzouse o observatorio europeo Herschel que estudará a formación de estrelas e galaxias.

Se un simple telescopio de poucos aumentos deu volta á maneira de pensar dos contemporáneos de Galileo, que voltas non dará a nosa cabeza cando todas eses xoguetes espaciais desvelen realidades até agora invisibles e por tanto inconcebibles.

O telescopio espacial James Webb lanzarase ao espazo en 2014 para indagar na historia do Universo, na posibilidade de vida nos planetas extrasolares,... e captará obxectos moito máis distantes no espazo e no tempo, como o propio nacemento do universo, e por que non, o momento en que a humanidade comeza a habitar este planeta.

Conseguiremos ver o álbum das primeiras fotografías? Igual nos sorprendemos comprobando o pouco primitiva que era aquela humanidade e averiguaremos por fin de onde procedían os extraordinarios coñecementos que algunhas civilizacións posuían e, a saber por que, fóronse perdendo.

27 mar 2009

imamagini dell'universo dall'antichità al telescopio

Do 13 de marzo ao 30 de agosto de 2009, na cidade de Firenze, exposición no Palazzo Strozzi, "Immagini dell'universo dall'a antichitá al telescopio".



Fantástica mostra de modelos cosmolóxicos, códices, achados arqueolóxicos, instrumentos astronómicos, debuxos, esculturas e pinturas, ademais de múltiples e sorprendentes recursos multimedia para realizar unha viaxe a través da evolución do pensamento humano, as visións do mundo de distintas civilizacións e os fenómenos do ceo na creación artística.

Unha viaxe por Mesopotamia e Exipto, a época romana, os mitos e as súas representacións, as primitivas medidas do tempo, a idade media, o renacemento, a astronomía árabe, a pretendida e pretenciosa evanxelización do cosmos, os mapas, os fascinantes instrumentos científicos e a revolución que supuxeron as observacións de Galileo grazas ao telescopio.

25 feb 2009

18 ene 2009

Galileo


Galileo era fillo de Vincenzo Galilei, un músico famoso e de talante innovador que en certa ocasión escribíu:
“Paréceme que aqueles que só se basean en argumentos de autoridade para manter as súas afirmacións, sen buscar razóns que as apoien, actúan en forma absurda. Desexaría poder cuestionar libremente e responder libremente sen adulacións. Así se comporta aquel que persigue a verdade.”