Contemporáneo de Newton, Robert Hooke naceu na illa de Wight en 1635. Interesouse por temas tan diversos como a bioloxía, medicina, astronomía, mecánica dos sólidos deformáveis, vida microscópica ou arquitectura. Utilizando o microscpio observou que as láminas de cortiza estaban formadas por pequenas cavidades poliédricas que lembraban as celas dun favo de mel. De aí ven o nome de célula.
En astronomía formulou unha teoría sobre o movemento dos planetas e as súas observacións dos cometas levárono ao concepto de gravitación. En 1672, tentou probar que a Terra se move nunha elipse en torno ao Sol. Esas ideas serviron a Isaac Newton para elaborar a súa teoría da gravitación. Tamén discutíu con el durante décadas sobre a teoría da luz. Ademais, construíu telescopios cos que descubriu a primeira estrela binaria e elaborou a primeira descrición coñecida do planeta Urano.
Biografía de Isaac Newton