Lentamente o sol desliza cara un claro horizonte de mar. Voltándose vermello a medida que afunde, axiña fica só unha tira fina do quente disco. Entón, mentras encolle e diminúe, brilla só por un segundo no máis vívido verde esmeralda . Despois desaparece, só o océano escuro permanece.
Ese é o flash verde da fábula.
Entre os fenómenos atmosféricos máis míticos está o do raio verde que xa aparece na literatura de Julio Verne como nos conta Eric Rohmer no seu filme "Le rayon vert".