21 mar 2016

equilibrio entre día e noite, entre sur e norte, entre chuva e sol

Equinoccio é algo máis que un simple fenómeno astronómico, é un referente nos calendarios de moitas civilizacións. A primeira lúa chea despois do equinoccio de marzo representa a chegada dun novo ciclo de vida vexetal, a resurrección da terra. Cada cultura representa esta volta á vida con distintos mitos: Osiris resucitado por Isis, Perséfone regresando do mundo das sombras a encontrarse con súa nai Deméter deusa da agricultura, resurrección de X.C., e máis.
En El País un artigo interesante sobre o tema Equinoccio primaveral: y llegó la primavera.

No equinoccio de marzo o sol atravesa o punto vernal ou Aries que é a maneira en que se chamou en tempos á intersección entre os planos do ecuador celeste co plano da eclíptica pasando aparentemente do hemisferio Sur ou hemisferio Norte e ao contrario no equinoccio de setembro no chamado punto Libra. Eses puntos foron chamados así porque -cando se lles puxo nome- eran as constelacións polas que amencía o sol nos respectivos equinoccios, igual que nacer baixo un determinado signo zodiacal significa que o telón de fondo do sol nese momento é esa determinada constelación, aínda que tanto o nome dos puntos de equinoccio como os nosos signos zodiacais están desfasados da realidade astronómica actual debido ao movemento de precesión.

O equinoccio é un símbolo de equidade: iguais horas de sol para o norte e para o sur. Un momento de equilibrio de simetría entre luz e sombra. Pode que a porta de paso entre dous mundos, que son partes indisociábeis do mesmo mundo: un real, físico e palbábel -o mundo da vixilia, da razón- pero tan limitado, perecedoiro e efémero como o que máis, e outro imaxinario, misterioso, arcano e insondábel pero repleto de todas as posibilidades e probablemente máis equitativo tanto para o norte como para o sur.

Un agasallo do sol despois da chuvia neste equinoccio, este arco e este espello.

8 nov 2014

Historia dun home sabio, científico e soñador


Nikola Tesla foi un descubridor, un xenio iluminado polos lóstregos que tanto lle fascinaban. Naceu nunha aldea de Croacia, o 10 de xullo de 1856. En 1884 viaxou a Nova Iorque para traballar con Thomas Alva Edison, pero esa relación laboral non durou debido ás diferenzas de criterio entre ambos os dous.

O seu soño era proporcionar a todo o mundo o acceso libre á enerxía presente en todas partes do planeta, de xeito harmónico, mais deu coa resistencia do implacable mundo dos homes de negocios.

A pesar das trabas con que tropezou, deixou importantes aportacións a legados universais como o motor de indución, o control remoto, a resonancia magnética e moitos outros descubrimentos relacionados coa electricidade e o magnetismo que eran para el dons da Terra á que a Humanidade tiña dereito. Preconizaba o uso da corrente alterna en substitución da corrente directa (defendida a cal e canto por Edison) e o tempo deulle a razón pois é a alterna a que aínda hoxe se utiliza. Lidaba moito coa comunicación inhalámbrica que demostrou en 1891 e a transmisión das ondas de radio por ese medio, demostrada por el en 1894, sen embargo a pesar de que o Tribunal Supremo dos EEUU concedeulle a patente relativa á radio recoñecéndoo como inventor legal desta, isto non trascendeu á opinión pública, que continúa considerando a Marconi como seu inventor. 

Tesla quería atrapar a enerxía electromagnética e enviala á ionosfera para desde alí emitila a calquera punto do planeta. Pero como argumenta George Westhinghouse no filme, ao negarse a apoiar o seu proxecto: o único negocio consistiría en vender antenas.

Inxusta e incomprensiblemente, personaxes como Edison ou Marconi figuran aínda nos libros de texto como detentores exclusivos dalgunhas das aportacións máis salientables de Tesla.


12 ago 2014

ceo de agosto


10 ago 2014

nube baixa no Baixo Miño

Monte Tegra cuberto totalmente por unha nube baixa, alén das nubes altas que cubren o río Miño, da beira portuguesa de Caminha.

9 ago 2014

horizonte noroeste

Sol brillante atenazado por nubes, araucaria no punto de mira

4 jul 2014

luces no peirao

Por que ás veces as luces reflicten na auga e outras veces non?
 Porque a auga está en... relativa... calma?
Porque a lonxitude de onda da luz é maior que a rugosidade da auga?
Porque a auga está limpa e non absorve tanta luz?

15 may 2014

o sol, Onceta e Ons

Dúas visións do solpor sobre a illa de Ons, a uns segundos e unha curva de distancia sobre a estrada, desde o bus Cerqueiro.

4 abr 2014

o que aínda non sabemos (vídeo)



21 mar 2014

tres das caras da lúa

que devale que encha que medre a lúa sempre é nova porque sempre se renova

28 feb 2014

fogar

Non temos máis ca este pero actuamos como se poidésemos emigrar a outro planeta en calquera momento.