a praia, entre o paseo e as illas
31 oct 2011
30 oct 2011
nebulosa Mar
Ralentizando o ritmo, a forza da gravidade fica en suspenso, cada partícula decide tranquilamente a onde quere dirixirse a fin de compoñer unha nova textura; o corpo ingrávido voa, traspasa o túnel de auga e volta á precaria vertical. Din que o tempo é elástico, que é circular, que non é o que sempre pensamos.
No que tarda a Terra en rodear o Sol o tempo parouse para Mar e os átomos dela levitan no Ar á espera de recuperar elegantemente a postura para seguir surfando nas ondas do Tempo.
28 oct 2011
26 oct 2011
17 oct 2011
volta a néboa
O verán continúa por aquí a pesar destas néboas e vaise despedindo cunha ducia de incendios a máis de mediados de octubro.
10 oct 2011
dracónidas
Ninguén pensaba en buscar estrelas fugaces nun ceo tan luminicamente contaminado e, para máis, coa lúa ben crecida... cando vimos descer demoradamente do ceo unha bola azul cal adorno navideño que se desprende da árbore e se disolve antes de alcanzar o chan.
Foi o pasado sábado, 8 de octubro sobre as once da noite, un bo momento para observar as dracónidas, unha chuvia de estrelas con radiante na constelación do Dragón.
E si, a cabeza do Dragón estaba detrás do brillante meteoro azul, como un telón de fondo visible só con axuda dos prismáticos.
Esta imaxe de internet ilustra o efecto dun bólido.
Para non perderse unha como esta noutra ocasión aquí vai o Calendario de chuvias de estrelas 2011.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)