30 oct 2011

nebulosa Mar








Ralentizando o ritmo, a forza da gravidade fica en suspenso, cada partícula decide tranquilamente a onde quere dirixirse a fin de compoñer unha nova textura; o corpo ingrávido voa, traspasa o túnel de auga e volta á precaria vertical. Din que o tempo é elástico, que é circular, que non é o que sempre pensamos.
No que tarda a Terra en rodear o Sol o tempo parouse para Mar e os átomos dela levitan no Ar á espera de recuperar elegantemente a postura para seguir  surfando nas ondas do Tempo.