Na Granxa Barreiros,
en Sarria, tivo lugar o insólito encontro de nubólogos e nubólogas, amantes
desas etéreas criaturas que bogan na atmósfera e nos regalan sombra, chuvia e
toda clase de fantasías. Un fin de semana intenso, entre científico e poético no que non faltou de
nada: a charla inaugural de Gavin Pretor-Pinney quen preside a Cloud
Apreciation Society, a didáctica explicación do noso home do tempo
sobre a formación e evolución das nubes, relatos de nuberos bruxos que
conxuran treboadas lanzando zapatos ao aire, leccións de fotografía, astronomía
e visións maravillosas do ceo a través da arte; ademais de paseos á caza de
nubes, por terra e por aire en globo e paratrike.
A noite do sábado observamos o paso da estación espacial internacional que se dirixía á lúa case chea cal estrela fugaz con paso demorado. Pero a verdadeira estrela desa noite foi o concerto o latido das nubes e outras melodía seguindo o método cardiofónico, con zanfoña, clarinete, oboe/corno inglés, órgano de Barbaria e caixa de música acompañados dos latidos de corazón que o doctor Iriarte gravara aos seus pacientes.
Inenarrable. Hai que escoitalo e estar alí para sentilo.
Sábado de mañán, ceo cuberto sobre os campos da granxa Barreiros.
Sábado tarde, nubes e claros, nada de vento.
Nubes cargadas de chuvia que descargaron á noite.
Ceo sobre o chapeu dunha amanita muscaria.
Nube atrapada no cogumelo.
Paseo á caza de nubes.
Estación espacial internacional riscando o ceo nocturno.
As nubes que cubriron o ceo todo o sábado retiráronse discretamente o domingo deixando o ceo despexado e azul, máis propicio para un paseo aéreo.
Paratrike e globo.
Paseo por terra á igrexa románica de Santiago de Barbadelo.