26 may 2011
10 may 2011
5 may 2011
4 may 2011
coidar da Terra
Lindísimo o que esta muller di. E o xeito en que ela fala. Vale a pena esperar para escoitala, e escoitala até o final.
Find more videos like this on World Viewz
Find more videos like this on World Viewz
anta de Alcobertas
Na serra dos Candeeiros, perto de Caldas da Rainha, encóntrase unha curiosa anta reconvertida a capela que primeiro foi dedicada a María Magdalena e actualmente a santa Ana. Unha mostra máis da superposición dos cultos. Pero no interior do dolme a pequena imaxe de Ana concéntrase na lectura do seu libro, allea a todo e recostada contra os impoñentes esteiros calcáreos.
7 abr 2011
as sombras do equinoccio
Sombras proxectadas na mañá do equinoccio desde as catro direccións: sur, norte, oeste, leste.
Grazas ás sombras xa Eratóstenes no século III a. C. conseguíu medir a lonxitude do meridiano.
Eratóstenes, que era de Cirene, hoxe Shahhat na actual Libia, foi durante 40 anos o director da Biblioteca de Alexandría. El sabía que na cidade de Siena en Exipto había un día no ano en que os monolitos non facián sombra e os pozos espellaban directamente o sol.
Ese era o día do solsticio de xuño e Siena (hoxe Asuán) estaba en pleno Trópico de Cáncer.
Na páxina de Proyecto Celestia hai unha interesante proposta de actividade.
verán en abril
Calor sofocante e atmósfera densa. Como é posible que alguén tome baño de sol así?
E o mar, a estas alturas, xa debe estar radiactivo. Con todo, na auga, cando unha manada de arroaces se encontra con outra fai unha auténtica festa, con espectaculares chimpos. Mágoa de zoom.
E o mar, a estas alturas, xa debe estar radiactivo. Con todo, na auga, cando unha manada de arroaces se encontra con outra fai unha auténtica festa, con espectaculares chimpos. Mágoa de zoom.
6 abr 2011
4 abr 2011
chemtrails
Di Carmen París en la nube de Radio 3 que xa lle gustaría voltar a ver as nubes de antes, que o ceo non tivese tanta química.
Blog En la nube
Posiblemente pensaba en cousas como estas:
Máis información en chemtrails.foroactivo.com
Será posible que poidan roubarnos tamén as nubes?
Blog En la nube
Posiblemente pensaba en cousas como estas:
Máis información en chemtrails.foroactivo.com
Será posible que poidan roubarnos tamén as nubes?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



