Quen pensaría que os seres máis simples da natureza teñen que realizar complicados cálculos matemáticos para construír os seus organismos a base de proporcións, sucesións que tenden a un nº de infinitas e imprevisibeis cifras decimais ou tendo que trasportar ángulos cada 137º5' para colocar as pipas nun xirasol, ou virar 90º os segmentos de miles de hexágonos para bordar as finas asas da libeliña.
13 ago 2011
20 jul 2011
o sol, entre parénteses
Chámanse parhelios e son a parte máis luminosa dun halo solar, os resplandores iridiscentes que destacan a cada lado formados cando o ceo está cuberto de cirros, esas nubes filamentosas que cos seus cristais de xeo a xeito de prismas refractan a luz do sol.
Este lucía así hai uns días en Leça da Palmeira, sobre o mar.
Outras veces o halo ten bordos máis definidos.
12 jul 2011
sombras de solsticio no globo terráqueo paralelo
O movemento pola liberación do globo terráqueo convocounos a sacar a esfera do seu soporte, situala enriba dun pequeno xerro e orientala cara ao norte, tendo en conta que quen está "enriba", na vertical, somos nós, é decir, o sitio no que estamos nese momento está situado no topo do globo.
Unha vez situado o globo paralelamente ao propio planeta, podemos observar que as sombras son iguais a escala grande ou pequena.
É así como o sol daba o día de San Xoán, perto do solsticio de verán, un par de horas antes, a mediodía e un par de horas despois.

9 jul 2011
15 jun 2011
eclipse total
Hoxe hai eclipse de lúa. A sombra da Terra irá tapando e destapando progresivamente a lúa durante un par de horas, tinxíndoa de vermello, e o serán voltarase máis escuro e máxico.
Mágoa que por aquí está cuberto de nubes.
Poderemos velo por internet.
A lúa máis vermella pola cinza volcánica.
A partir das 21h, desde o Teide.
Eclipse en directo.
Fecyt.

9 jun 2011
kepler e a harmonía das estrelas
Para Kepler a natureza é música, os astros forman parte da natureza e a harmonía é a lei que rixe a natureza. Quizais el escoitou a canción cantada polos planetas.
Probou a explicar o funcionamento dos astros con modelos xeométricos mais os sólidos platónicos non conseguían encaixar. Marte levaba un ritmo extravagante...
Coa axuda das precisas medicións de Tycho Brahe, Kepler realizou un descubrimento de transcendental importancia: que as órbitas dos planetas arredor do sol non eran circulares senón elípticas.
Enunciou as súas famosas tres leis e unha semana despois de enunciar a terceira lei houbo un acontecemento en Praga, a cidade onde vivía, que desencadeou a guerra dos trinta anos o que aínda complicou máis a súa vida.
Unindo as observacións de outros e a súa rica imaxinación foi o primeiro en descubrir como se moven os planetas, e tal vez dos primeiros en "viaxar á lúa"! No seu libro “Somnium” (Soño) fala de dous tipos de habitantes, os subvolves que vivían na cara que dá á Terra e os privolves, que habitaban o lado oculto, e facían viaxes á outra cara para contemplar o noso precioso planeta.
Pitágoras mostrou a relación entre a matemática e a música experimentando con cordas que vibraban e dividíndoas en diferentes partes ou intervalos: unha corda dividida pola metade dá lugar á mesma nota unha octava máis alta porque ten o dobre da frecuencia; na escala de do, 2/3 da corda é un sol ou intervalo de quinta e os 3/4 é unha cuarta ou distancia de do a fa.
O son é unha onda cunha determinada lonxitude de onda ou frecuencia. A sucesión de determinadas frecuencias forman unha escala, que pode ser maior ou menor dependendo da posición dos intervalos e cando as frecuencias combinan dan lugar á harmonía.
Unha curiosidade:
Se queres afinarte e non tes diapasón, descolga o teléfono (fixo) e obterás a nota de referencia para que poidas cantar toda a escala.
A frecuencia do tono ao descolgar o teléfono é de 440 hz, é decir un LA, que é a frecuencia do diapasón.
A partir de agora non hai escusa para desafinar.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)