
Ten o nº 127.870 no rexistro de planetas menores e foi recoñecido en 2009 pola Union Astronómica Internacional co nome de asteroide Vigo, xa que o seu primeiro descubridor, Ignacio Ferrín, naceu nesta cidade, aínda que oficialmente será batizado nela despois deste verán. A súa referencia 2003 FE123, fai alusión tanto ao nome do descubridor como ao ano en que se descubríu desde o Observatorio Nacional de Llano del Hato-Mérida-Venezuela, en 2003 e sendo o primeiro asteroide que leva o nome dunha cidade galega. Hai outros con nome de cidade na península como o asteroide 9453 Mallorca ou o 13260 Sabadell . O asteroide 945 Barcelona xunto con outros con nome de muller como 956 Amelia , 1102 Pepita -en realidade este dedicado á Constitución española de 1812 popularmente coñecida por "la Pepa"- ou 1136 Mercedes foron descubertos polo astrónomo catalán Josep Comas i Solà entre 1915 e 1930.
Vigo é un asteroide sólido que como a maioría deles orbita entre Marte e Xúpiter no chamado cinturón de asteroides, aínda que tamén existen algúns entre Marte e o Sol ou despois de

Case todos teñen formas irregulares.
O "noso" ten uns 5 km de diámetro, así que nun par de horas, alancando, poderiamos chegar do mencer ao solpor e igual que o Principiño, contemplar uns cantos destes espectáculos ao día. Mágoa que a súa atmósfera sexa irrespirable!