Cando coinciden os planetas e a lúa, o camiño da eclíptica vólvese luminoso e máxico. Son brillantes que se pon a noite no seu colar. E destacan na escuridade como altísimos farois, pese á contaminación lumínica.
26 feb 2012
23 feb 2012
20 feb 2012
bacterias baixo terra
No deserto de Atacama, grazas a un detector de signos de vida chamado SOLID (Signs of LIfe Detector), científicos chilenos e españoles descubriron un oasis de vida bacteriana a dous ou tres metros baixo terra. Bacterias e outros organismos primitivos denominados arqueas sobreviven alí nun hábitat constituído por sales (halita) e outros compostos higroscópicos, pero sen osíxeno nin luz.
16 feb 2012
15 feb 2012
música, matemáticas e astronomía
Pitágoras relacionou mediante proporcións matemáticas as distancias tonais que separan os intervalos dentro da escala descubrindo que o tono dependía da lonxitude da corda que se tocaba, sentando as bases da harmonía musical.
A Carolina Herschel, irmá de William, gustábanlle tamén a música, as matemáticas e a astronomía mais pola súa condición de muller e da época en que lle cadrou vivir tiña que ocuparse doutros menesteres. Mais ou menos liberada de responsabilidades familiares e domésticas, primeiro aprendeu a cantar e colaborou co irmán mentras este vivía dedicado ás actividades musicais. Pasaban o seu tempo libre construíndo telescopios e despois que William descubrira Urano, os dous se dedicaron de cheo á astronómía. A súa curiosidade levouna a descubrir oito cometas entre 1786 e 1797, a completar un catálogo con máis de 500 estrelas que tiñan pasado desapercibidas e a elaborar outro con máis de 2500 nebulosas, cúmulos e outros obxectos lonxanos recibindo por este traballo un premio da Royal Society.
As relacións entre a astronomía e a música foron intensas durante a Idade Media, cando a construcción das catedrais baseábanse nas harmonías musicais e xeométricas. Hildegard von Bingen foi unha visionaria que ademais de crear na súa mente modelos cosmolóxicos onde se representaba o microcosmos humano en relación ao macrocosmos, compoñía música que despois cantaban as novicias do seu convento.
En 1919 estrenábase en Londres "Os planetas" de Gustav Holst, compositor que encontrou inspiración na faceta astrolóxica e esotérica dos astros.
Na antiga cosmoloxía, as esferas planetarias ascendían da Terra ao ceo polos banzos dunha escaleira. Cada esfera correspondería a unha nota diferente dunha gran escala musical e cada tono emitido polos planetas dependía das proporcións das respectivas órbitas.
A principios dos 70 Led Zeppelin lanzou unha escaleira ao ceo (Stairway to Heaven), controvertida canción na que algúns vislumbraron extranas conspiracións satánicas en mensaxes agochados na letra escoitada ao revés, o colmo do enrevesamento.
Moito máis recentemente, en abril de 2011, a NASA enviou cancións ao espazo no transbordador Endeavour. A gañadora foi Sunrise nº 1 da banda asturiana Stormy Mondays. O tema, orixinalmente tiña un aire máis meteorolóxico que espacial, estaba dedicado ao "home do tempo", Weatherman.
Kepler pasou a vida á procura da música das esferas.
William Herschel empezou sendo músico, compoñía e dirixía coros cada vez máis grandes. Máis tarde empezou a estudar matemáticas e a aplicar estas ao movemento dos astros. Quixo facerse cun telescopio pero era suficientemente pobre para adquirir un, ou suficientemente hábil para construílo coas súas propias mans. Ademais contaba coa inestimable axuda da súa irmá Carolina Lucrecia. Construíron un telescopio tras outro até chegar a un de 12 metros de lonxitude e metro e medio de diámetro.Un bo día de 1781, desde o seu xardín, contemplou un astro moi brillante que non titilaba como as demais estrelas e que resultou ser o planeta Urano, primeiro planeta que se descubría desde a antigüidade.A Carolina Herschel, irmá de William, gustábanlle tamén a música, as matemáticas e a astronomía mais pola súa condición de muller e da época en que lle cadrou vivir tiña que ocuparse doutros menesteres. Mais ou menos liberada de responsabilidades familiares e domésticas, primeiro aprendeu a cantar e colaborou co irmán mentras este vivía dedicado ás actividades musicais. Pasaban o seu tempo libre construíndo telescopios e despois que William descubrira Urano, os dous se dedicaron de cheo á astronómía. A súa curiosidade levouna a descubrir oito cometas entre 1786 e 1797, a completar un catálogo con máis de 500 estrelas que tiñan pasado desapercibidas e a elaborar outro con máis de 2500 nebulosas, cúmulos e outros obxectos lonxanos recibindo por este traballo un premio da Royal Society.
As relacións entre a astronomía e a música foron intensas durante a Idade Media, cando a construcción das catedrais baseábanse nas harmonías musicais e xeométricas. Hildegard von Bingen foi unha visionaria que ademais de crear na súa mente modelos cosmolóxicos onde se representaba o microcosmos humano en relación ao macrocosmos, compoñía música que despois cantaban as novicias do seu convento.
En 1919 estrenábase en Londres "Os planetas" de Gustav Holst, compositor que encontrou inspiración na faceta astrolóxica e esotérica dos astros.
Na antiga cosmoloxía, as esferas planetarias ascendían da Terra ao ceo polos banzos dunha escaleira. Cada esfera correspondería a unha nota diferente dunha gran escala musical e cada tono emitido polos planetas dependía das proporcións das respectivas órbitas.
A principios dos 70 Led Zeppelin lanzou unha escaleira ao ceo (Stairway to Heaven), controvertida canción na que algúns vislumbraron extranas conspiracións satánicas en mensaxes agochados na letra escoitada ao revés, o colmo do enrevesamento.
Moito máis recentemente, en abril de 2011, a NASA enviou cancións ao espazo no transbordador Endeavour. A gañadora foi Sunrise nº 1 da banda asturiana Stormy Mondays. O tema, orixinalmente tiña un aire máis meteorolóxico que espacial, estaba dedicado ao "home do tempo", Weatherman.
4 feb 2012
3 feb 2012
raio verde
Lentamente o sol desliza cara un claro horizonte de mar. Voltándose vermello a medida que afunde, axiña fica só unha tira fina do quente disco. Entón, mentras encolle e diminúe, brilla só por un segundo no máis vívido verde esmeralda . Despois desaparece, só o océano escuro permanece.
Ese é o flash verde da fábula.
Entre os fenómenos atmosféricos máis míticos está o do raio verde que xa aparece na literatura de Julio Verne como nos conta Eric Rohmer no seu filme "Le rayon vert".
2 feb 2012
xenios da ciencia
Contemporáneo de Newton, Robert Hooke naceu na illa de Wight en 1635. Interesouse por temas tan diversos como a bioloxía, medicina, astronomía, mecánica dos sólidos deformáveis, vida microscópica ou arquitectura. Utilizando o microscpio observou que as láminas de cortiza estaban formadas por pequenas cavidades poliédricas que lembraban as celas dun favo de mel. De aí ven o nome de célula.
Biografía de Isaac Newton
De Newton a Einstein
Suscribirse a:
Entradas (Atom)