Skalnaté Pleso é un observatorio astronómico e meteorolóxico, situado a uns 1800m de altitude perto de Tatranská Lomnica nos Altos Tatras, Eslovaquia.
En decembro de 2000, no Observatorio de Skalnaté Pleso o antigo telescopio astrógrafo 0,3-mf/5, utilizado desde 1965 para o seguimento de asteroides e cometas, foi reemprazado por un telescopio fotométrico semiautomático de espello 0.61-mf/4.3 equipado cunha cámara CCD. O programa de observación foi creado para axustarse á fotometría de asteroides que se supoñen de natureza binaria.
As imaxes son dunha viaxe a Eslovaquia durante a realización do proxecto "Under common skies" de Grundtvig. A pesar de estar no mes de maio non había xeito de sacar proveito do telescopio, como este outro día no que se intentaban observar manchas solares. Asi que nos conformamos con fotografar paisaxes e participantes dos diversos países.
A falta de astros, flores.
20 mar 2010
equinoccio e precesión
O comezo da primavera é o momento en que o sol se sitúa no punto en que se cruzan o ecuador celeste e a eclíptica, o chamado "punto Aries" chamado así por Hiparco de Nicea (190ac-120ac) porque cando este o descubríu o sol tiña detrás a costelación de Aries e durante uns 2000 anos así foi, pero desde o inicio da nosa era é Piscis a constelación que está detrás do sol nese momento e non faltará moito para que pase a ser a de Acuario. Isto é debido ao movemento de balanceo da terra que dá lugar á precesión dos equinoccios.

Ver animación animación en eurocosmos

Ver animación animación en eurocosmos
Equinoccios e solsticios
View more presentations from dadeva.
18 mar 2010
apaga as luces durante unha hora o sábado 27 de marzo de 8.30 a 9.30 da tarde
Ademais de chamar a atención sobre o cambio climático e o exceso de consumo de enerxía, apoiar esta acción simbólica a nivel mundial servirá para decatarnos da contaminación lumínica que padecen os ceos das grandes cidades, e por un momento contemplar moreas de estrelas que nas noites urbanas non conseguen destacar.
7 mar 2010
GLOBE at Night 2010
Esta é unha campaña da International Dark Sky Association consistente en contar as estrelas visibles na constelación de Orión para realizar unha base de datos sobre a contaminación lumínica a nivel mundial.
O momento para facer o reconto é durante a primeira quincena de marzo (do 3 ao 16 exactamente) e das 20 ás 22 hora local.
O primeiro é buscar as coordenadas, lonxitude e latitude. Pode ser nos mapas de Google
A continuación buscar as coordenadas que máis se axustan ás nosas, así como a visualización máis aproximada que temos da constelación de Orión, e reportar.
Can you find Orion?

4 mar 2010
Altamira

Con respecto á interpretación arqueoastronómica das covas de Altamira, estúdanse as posibles relación entre as pinturas e a reprentación de constelacións como Saxitario, Orión, Ofiuco ou Pegaso. Recreación de como sería a vida nas covas de Altamira
"Alí estiven, tirada no chan, naquela capela sixtina do paleolítico, onde había colchonetas apiladas, mirando os bisontes pintados hai 15000 anos. E alí estaban as famosas cores de vermello sangue perfilado de negro, os relevos das rochas ben aproveitados modelando os ventres dos touros, cabalos e cervas, .
Iso foi, debeu ser, vai camiño de trinta anos, e despois fixeron a réplica, e pecharon a cova á humanidade. E si, alí estiven, en Santillana del Mar. Para poder entrar tivemos que ir varias mañás e finalmente entramos. Claro que de ir agora tería visto máis do que vin daquela, mas foi intenso, interesante e apasionante".
3 mar 2010
Mul-Mul: Pléiades en Lascaux
En sumerio, a palabra Mul significa "estrela", O nome aparece no máis antigo catálogo (Mul-Apin) da astronomía mesoptámica e podemos imaxinar a importancia das Pléiades que eran denominadas Mul-Mul ("as estrelas").

O cúmulo das Pléiades podemos observalo perto da cabeza do touro, na constelación de Tauro.

Poderían as Pléiades estar representadas nas pinturas paleolíticas das covas de Lascaux?
A arqueoastronomía estuda as posibles relacións entre gravados, pinturas e construcións prehistóricas coa lúa e o sol, o calendario, os eclipses, as constelacións e calquera fenómeno que acontece no universo:
Lascaux e as estrelas
Visita virtual ás covas de Lascaux

1 mar 2010
lupercalias de febreiro e chuvia de marzo
Marzo marzal,
pola mañá cariña de rosa,
pola tarde cara de can.

Despois da chuvia e o temporal co que rematou febreiro,
esta mañá amañeceu con este arco da vella.
Se o nome de xaneiro está relacionado con Janus, o deus romano de dúas cabezas -unha que olla o pasado e outra o futuro-, febreiro está cheo de referencias romanas e marzo vén do nome do deus da guerra Martius, o que dá tamén nome ao planeta Marte, a estrela errante vermella.
Mas deteñámonos no mes máis curto do ano que pasou rápido como o ciclón que nos visitou o pasado sábado, ese que batizaron con extranos nomes como cicloxénese e apelido explosivo e extratropical.
Febreiro é un mes inzado de antigas tradicións ocultas baixo festexos relixiosos (Candelaria, San Brais), consumistas (día de San Valentín) e insistentemente pagás (Carnaval). A procedencia do nome pódese encontrar en diversas fontes. Dunha banda está a deidade Juno Februata. Doutra, as festas da fertilidade chamadas Lupercalia que se celebraban en Roma a mediados de mes en honor ao Fauno Luperco nunha espelunca do monte Palatino onde se reunían homes que sacrificaban un can para purificarse e, para propiciar a fertilidade, unha cabra -ou un castrón- da que cortaban a pel en tiras ou febras (februa). Despois pintaban o rostro co sangue do animal, limpábano con la enchoupada en leite e medio vestidos con trozos de coiro corrían azoutando a quen encontraban nas rúas de Roma considerándose este un acto de purificación, denominado februatio, posible orixe do nome do mes así como dos zorregazos con látigos e vexigas que practican os cigarróns e pantallas do entroido de Verín e Xinzo. A fertilidade das mulleres propiciábase supostamente sendo golpeadas polas tiras ensanguentadas do animal, nun acto claramente fálico-simbólico, que lles deixaba a pel cor de púrpura; a cor coa que se vestíu Helena de Troia para desafiar a Menelao, seu marido, en tempos en que os homes trataban -máis descaradamente que hoxe- ás mulleres como escravas.
Outro ritual de fertilidade eran os xogos nos que as doncelas poñían nunha caixa os seus nomes escritos para ser escollidas logo ao chou polos homes, práctica prohibida polo emperador Claudio II e posteriormente eliminada polo papa Gelasio o 14 de febreiro de 498, pero que fora defendida por un sacerdote chamado Valentín que curiosamente sería canonizado máis tarde e ao que finalmente se dedican hoxe en día as lupercais, denominadas inocentemente nestes tempos de márquetin e cosumismo, día de San Valentín.

17 feb 2010
eclipse: a lúa que menstrúa
Debido á tonalidade vermella que adquire durante os eclipses moitos pobos crían que a lúa era comida por un animal; na China, onde a palabra para eclipse é “chih” que significa comer, pensábase que era un dragón o que comía a lúa. Nas noites de eclipse, a xente saía das casas con trebellos de labranza, lanzas e outros utensilios para escorrentar o animal que ameazaba con deixar o ceo sen lúa (ou sen sol).
Os aztecas, aínda sendo coñecedores da causa astronómica deste fenómeno, representaban tamén o eclipse como un dragón que comía á Lúa.
Na aldea Kuikuro no Matto Grosso brasileiro acontecen cousas extraordinarias durante un eclipse de lúa: os animais cambian de forma, chove sangue, soan flautas sagradas, e a xente pinta a cara de branco e de negro para imitar a lúa, cantan, danzan e fan xogos para despertar o mundo. Todo iso o día em que a lua menstruou.
Calendario das fases da lúa
Phases of the Moon
Eclipses 2010:
15 de xaneiro: Eclipse Anular de Sol
26 de xuño: Eclipse Lunar Parcial
11 de xullo: Eclipse Total de Sol
21 de decemmbro: Eclipse Total de Lúa
Catálogo de eclipses na web da NASA

2 feb 2010
candela
Como o Samaín, a festa das Candelas ou Candelaria, ten as súas raíces na roda do calendario celta constituíndo un dos catro sabbats ou festividades do medio das estacións, neste caso chamada Candlemas ou Imbolc, e representada por Brigit, deusa triple da poesía, as artes e a curación.
Esta celebración simboliza o fin do inverno, cando os días voltan a crecer e as sementes a agromar dentro da terra, (literalmente Imbolc significa "no ventre") así que é unha festa da fertilidade e a luz na que se acenden candelas, como aínda se fai na pequena igrexa románica de Castrelos, en Vigo.

a candelaria no calendario
O refrán popular di que
Cando a Candela chora, o inverno vai fóra;
cando a Candela ri, o inverno está por vir.
Que chore que ria que deixe de chorar
a metade do inverno está por pasar
E do día a seguir ás Candelas, o popular San Blas
Polo San Brais, dúas horas máis.
Diferentes cultos e tradicións están espallados por distintos lugares do mundo.
En Canarias, particularmente en Tenerife, é moi celebrada a virxe morena da Candelaria.
Nos Estados Unidos é un animal dormilón (a marmota) quen pronostica a meteoroloxía: se a marmota sae e pode ver a súa sombra (porqu dá o sol) o inverno continúa por seis semanas máis.
a candelaria e a marmota
En Brasil, e algúns países de América latina celébrase este día a festa de Iemanjá, a raíña do mar, nai dos orixás, meténdose nas augas do mar para entregarlle flores e outras ofrendas das que a raíña gosta, perfumes, conchas, colares, contas de cristal. Nos rituais do candomblé, de orixe africana, a danza de Iemanjá simboliza o movemento das ondas do mar, representadas tamén nas cores dos vestidos, branco e azul.
É rara a cantora brasileira que non ten a Iemanjá presente nalgunha das súas cancións.
lenda das sereias, rainha do mar, Marisa Monte
Yemanjá rainha do mar, Bethania
cantos, danzas e rituais que perduran e se renovan no tempo

29 ene 2010
a lúa e as marés
Cando a Lúa está máis perto da Terra dise que se encontra no seu perixeo e no apoxeo cando está máis afastada. Como se observan por separado non podemos saber con certeza cando estamos nun ou noutro momento, a menos pola sensación de que a lúa semella máis grande que outras veces. De poder comparar os seus tamaños sería así:
Este é un dos factores que afecta as marés, ademais da posición da lúa nas distintas fases e as estacións, pois durante as lúas chea e nova e durante os equinoccios as marés son máis vivas.
Para aprender algo máis sobre as marés e a lúa fai clic nos enlaces
márés
influenza da lúa nas marés
as forças das marés
márés
influenza da lúa nas marés
as forças das marés
Suscribirse a:
Entradas (Atom)