9 feb 2009
declinación e ascensión recta
Igual que para ubicar un punto sobre a superficie terrestre utilízanse unhas coordenadas chamadas latitude e lonxitude, para localizar un astro ou calquera obxecto no ceo utilizamos as coordenadas denominadas declinación (equivalente á latitude xeográfica) e ascensión recta (equivalente á lonxitude xeográfica).
A declinación é a distancia angular do astro ao ecuador celeste. Mídese en graos sendo positiva ao norte do ecuador e negativa ao sur.
A declinación da estrela polar é de +90º, mentras que a declinación dun astro situado sobre o ecuador será de 0º. Un astro situado sobre a nosa cabeza, é dicir, no noso cénit, ten unha declinación igual á latitude onde nos encontramos.
A ascensión recta é a distancia angular sobre o ecuador celeste do astro á intersección do ecuador coa eclíptica, intersección denominada equinoccio vernal ou posición do sol no primeiro día da primavera e chamada tamén punto Aries. A ascensión recta mídese en sentido antihorario, en horas minutos e segundos.
A precesión dos equinoccios é o fenómeno do aparente movemento das constelaciones zodiacais cara o leste na eclíptica do sol en relación ao equinoccio vernal.
O período completo dunha precesión dos equinoccios estímase en 25786 anos.